Noticias

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012

Na páxina https://www.edu.xunta.es/axudasle faise pública a relación das solicitudes coa documentación correcta, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e as solicitudes excluídas, asi mesmo ábrese un prazo de 10 días naturais (do 9 ao 18 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Admisión de novo alumnado

Todo o alumnado que solicitou admisión no centro para o próximo curso académico está admitido.

Proceso de selección e nomeamento de director do Instituto

A dirección do centro informa que ante o proceso de selección e nomeamento de director do Instituto, na Secretaria do Centro está a disposición de toda a comunidade educativa do IESP Xosé Neira Vilas, o Proxecto de Dirección de D. Agustín Fernández Gago.

Admisión de novo alumnado para o Curso 2012-2013

Xa pode consultar na secretaría o procedemento de de admisión de novo alumnado, tanto para o alumnado procedente do CEIP Valle Inclán como para o alumnaod procedente doutros centros.

Programa de reforzo, orientación e apoio

Horario das actividades

Axenda de actividades

Pode consultar a axenda de actividades ou incorporala ao seu Calendario de Google, engadindo ao mesmo "axenda@iesneiravilas.es".

Rede Abalar

O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.

O IES Xosé Neira Vilas, centro plurilingüe

No curso académico 2010-11, o IES Xosé Neira Vilas foi seleccionado como centro plurilingüe segundo a convocatoria efectuada pola Xunta de Galicia con data 30 de xuño de 2010. Concretamente, no nivel de 1º ESO, as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Proxecto Interdisciplinar, serán impartidas en francés nos grupos de referencia, de acordo co proxecto presentado diante da inspección educativa.

Nun centro con vocación polo impulso do plurilingüismo, esta experiencia engade un novo acontecemento a esta promoción da multiculturalidade.

Novo sistema de xestión académica

No impulso continuo das tecnoloxías da información e comunicación (TIC's) que se promove desde o IES Xosé Neira Vilas, o centro implanta sistema de xestión académica que permitirá a comunicación de incidencias e cualificacións do alumnado vía e-mail coas diferentes familias. Trátase de SIXA.

O centro educativo seguirá, un ano máis, a promover a utilización e fomento das aulas virtuais e ensino complementario axudándose das novas tecnoloxías.

Libros de texto para o curso 2011-2012

Máis información...




Actualidade No Centro

Roma na primavera

Durante os días 17 a 21 de maio, sesenta alumnos e alumnas das seccións plurilingues e bilingües visitarán a cidade italiana acompañados polos profesores: Antonella Ermellino, Xosé Antón García González, Carmen García-Rodeja Arribí, Isabel López Mariño, Juan A. Santamaria González e Carlos Vidal López

IVº Intercambio Escolar I.E.S. Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

2ª parte do intercambio escolar

O próximo martes día 8 de maio 27 alumnas e alumnos franceses chegarán a terras oleirenses na segunda parte do IV Intercambio Escolar do noso centro. Estarán acompañados de dúas profesoras, unha delas é a responsable de organización do Intercambio en Francia, Catherine Le Blay, unha asidua de Oleiros.

Estarán con nos una semana sendo acollidos polas familias dos seus correspondentes, farán moitas actividades para coñecer Galicia; teñen previsto viaxar a Coruña, Santiago de Compostela e as Rias Baixas; tamén se incorpararán as clases no centro.

Por outro lado o sábado 12 teremos a tradicional “CEA DA AMIZADE” na Casa do Pobo de Sta Cruz, que nos cedeu amablemente o Concello, nesta cea estarán presentes todo o alumnado participante no Intercambio así como as familias e profesores.

Comenius: Viaxe a Polonia.

Alumnos e profesores do centro viaxan á cidade polaca de Krasnick, entre os días 15 e 21 de abril, para realizar a 2ª movilidade prevista no proxecto “Somos o que comemos” que se fai en colabaración con centros escolares de Francia, Italia e Polonia. Durante a semana de estancia realizarán diversas actividades, relacionadas co proxecto e preparadas polo centro de acollida.

krasnik 2012 krasnik 2012 krasnik 2012

Semana Intercultural 2012

Do 26 ao 30 de marzo o IES Xosé Neira Vilas organiza a 4ª edición da Semana Intercultural que ten como tema central o II centenario da Constitución de Cadiz.

Pode descargar un tríptico informativo [pdf.gif, 0 kB 0,6 MB]

semana intercultural. triptico

Xornadas de orientación na Fábrica

Dirixidas ó alumado de segundo de bacharelato, o 15 de marzo desde a Fábrica puderon informarse das principais saídas profesionais xa que a Universidade está perto.

Viaxe cultural a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal. [Máis información.]

Visita á Facultade de Filoloxía

O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.

Cinco minutos de silencio

O día 27 de febreiro o alumnado, profesorado e resto de personal concentrouse ás 12 da mañán con cinco minutos de silencio no patio do centro en repulsa polas cargas policiais en Valencia.

concentración no patio concentración no patio

Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro

Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.

Antroido 2012

Celebráronse as actividades de Antroido durante a semana do 13 ó 17 de febreiro con diversas actividades. O luns achégaronse o alumnado e profesorado cun zapato de cada cor, o martes foi o pixama e roupa de durmir os protagonistas do día, o mércores encheuse o centro de velliños e velliñas e o venres foi o protagonista o antifaz.

O venres a elección foi libre e a partir das 12 houbo unha degustación de filloas e máis de crêpes. [Máis fotos]

antroido 2012 antroido 2012 antroido 2012 antroido 2012

Conferencia: "Mi experiencia de vida" a cargo de Emilio Gómez Expósito

O 14 de febreiro, dentro das charlas da clase de Historia, Emilio Gómez Expósito contou a súa experiencia vital como "neno de Moscova". Estuvo dirixido ó alumndo de 1º de Bacharelato e 4º de ESO . [Máis información sobre a actividade]

Lectura dramatizada de "El Quijote"

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo

Obradorio de banda deseñada con Manuel Cráneo na biblioteca Rialeda para 1º da ESO

O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.

A patinar!!!!

O alumnado do IES aistirá o día 31 de xaneiro e o 10 de febreiro ó Coliseum da Coruña a practicar patinaxe no xeo.

Exposición sobre as brañas de Sada

Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.

Alumnado e profesorado nunha viaxe cultural a Lucera (Italia)

Neste curso o alumnado do IES “Neira Vilas”participa nun proxecto Comenius no que vai facer unha intercambio co Instituto “Rosmini“ de Lucera para traballar sobre alimentación nos diferentes paises, as dietas saudables e a cultura gastronómica cun programa de taballo moi interesante. Será do 22 ó 28 de Xaneiro e asistirá un grupo de alumnos que xa son trilingües xunto cos seus profesores. [Programa da viaxe][pdf.gif, 0 kB 154 KB]

Charlas de prevención de accidentes e lesións medulares durante o mes de Decembro

O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primera man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando esto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saude física e síquica.

As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.

A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.

Tese de Doutoramento

O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional en Nassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico" que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.

¡Noraboa Doutora!

Memorias dun neno labrego

Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.

Exposicións: "Orixes" e "Primeiras civilizacións

Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]