Noticias do centro. Curso 2007/2008

Selectividade

O equipo directivo e o claustro de profesores felicita ao alumnado de 2º Bacharelato do curso académico 2007-08 que acudía ás PAAU convocadas no mes de xuño e acadou un 100% de aprobados.

Proxecto Interdisciplinar

Nos derradeiros dias de xuño levouse a cabo unha exposición do traballo feito no proxecto interdisciplinar polo alumnado de 1º de ESO.

Máis información...

Visita a Sotavento

Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o 20 de xuño, derradeiro día escolar deste curso.

Máis información...

Torneo Intercentros

O 19 de xuño celebrouse a final do torneo deportivo intercentros entre o IES Miraflores e o noso centro.

Máis información...

Proxecto Oleiros solidario

Alumnos do Instituto reciben o premio pola curtametraxe feita para o concurso de guións do proxecto "Oleiros Solidario" que por cuarto ano organiza a concellaría de Bienestar Social do concello de Oleiros.

Máis información...

Un dia disfrutando coa auga

O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.

Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.

Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.

Viaxe Cultural a Roma

Os alumnos de 4º de ESO realizan unha viaxe cultural a Roma do 18 ao 23 de xuño.

Máis información...

Entrega de premios de Escola Guapa e debut do coro de profesores

O día 17 de xunio no noso centro educativo entregáronse os premios de Escola Guapa ás aulas máis limpas. O acto tivo como remate a primeira actuación do coro de profesores.

Máis información...

Graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato

O 23 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato.

Clasificación da I Olimpíadada do Saber

O 30 de maio tivo lugar no salón de actos a entrega de premios da Olimpíada do saber.

Concurso "Día das Letras Galegas 2008"

Coincidindo coa data das Letras Galegas, o seminario de Lingua Galega e Literatura, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Biblioteca do IES Xosé Neira Vilas, convocou un concurso de redacción (en prosa e en verso).

Fallo do Xurado: Traballos Premiados [pdf.gif, 0 kB, 173 kB].

IV Semana da Ciencia do IES Neira Vilas

Do 14 ao 18 de abril de 2008 leváronse a cabo no noso centro as actividades correspondentes a IV Semana da Ciencia.

Nova sección

Na sección "a nosa xente" podes atopar entrevistas con membros da nosa comunidade.

¿Olvidamos o pasado?

Durante a semana do 21 de Abril no Centro Educativo vanse organizar unha serie de charlas onde os invitados contarán a súa vida. O exilio, a posguerra, a represión e as dificultades para a supervivencia serán parte da súa experiencia vital. Completarase co visonado de películas e documentais.

A actividade está organizada para o alumnado de cuarto curso dentro da materia de Historia e despois de teren realizados os traballo sobre a biografía dos seus abós.

Máis información...

Charla-coloquio con Antonio Reigosa

O pasado día 26 de marzo de 2008, ás 10:30 horas, tivo lugar no salón de actos do IES Xosé Neira Vilas un encontro entre o alumnado de 1º e 2º de E.S.O e o escritor Antonio Reigosa.

Máis información...

Escola Guapa de novo no noso Centro

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio seguirá, como anos anteriores, a funcionar o proxecto Escola Guapa. En colaboración co concello de Oleiros e a Concellalía de Educación, pretendemos ter un centro bonito, limpo, saudable e ecolóxico.

Para todo esto un equipo de alumnos, profesores e monitores, estamos a traballar en actividades de xardinería, compostaxe, limpeza, dinamización e proxectos medioambientais.

Ademáis da satisfacción de ter un Centro coidado e limpo, o equipo de E.G. levará un premio complementario.

A elite do baloncesto no Neira Vilas

Claudia Calvelo Ameijeiras, de cuarto de ESO, ten dazaseis anos -recén cumplidos- e xa leva máis de cinco no cumio do deporte. Con 11 anos, e no primeiro partido de baloncesto xa a mandan á selección galega e no mesmo veran é fichada para a selección nacional. Co equipo español recibíu a medalla de oro en Kosica (Eslovenia) hai dous anos.

Entrevista con Claudia...

O día internacional da Saude no Instituto

Durante a semana do 31 de Marzo ata o 4 de Abril no noso Centro celébrase un conxunto de actividades en relación coa vida saudable.

Conferencias, traballos de investigación, maratón xeral e almorzos saudables se desenvolverán durante esta semana, organizados polo alumnado de 3º A e B dentro da materia "Obradoiro de iniciativas emprendedoras" coa profesora Isabel López Mariño.

O grupo de rapaces e rapazas encargouse de organizar o proxecto, buscar financiación e incluso de deseñar o almorzo sano.

¡Será unha semana saudable!

Máis información...

Darknesscuridade. O Maratón de lectura

Ao longo dos meses de febreiro e marzo de 2008 tivo lugar no IES Neira Vilas o desenvolvemento do proxecto interdisciplinar "Darknesscuridade", unha reflexión sobre a obra de Joseph Conrad "O corazón das tebras" e o contexto histórico no que se desenvolve.

Máis información...

A Olimpíada do Saber

O luns 11 de febreiro de 2008 comezou no noso centro o concurso "A Olimpíada do Saber"

Máis información...

Visita a Emalcsa

O pasado martes 4 de marzo os alumnos de 4º de E.S.O. e 2º de bacharelato da opción de medioambiente visitaron a estación de tratamento de auga potable de A Telva situada no término municipal de Cambre. Dita estación esta formada por tres plantas con capacidade para tratar ate 2325 l/s de auga procedente da conca hidrográfica do río Mero.

Máis información...

1000 anos de arte en feminino

No mes de febreiro, o IES Neira Vilas acolle a exposición "1000 anos de arte en feminino", un paseo a vista de paxaro pola pintura feminina dende o século X ata o XX. Trátase dunha exposición bilingüe, en galego e inglés, que implica unha colaboración didáctica interdisciplinar.

A devandita mostra estará accesible ao público en xeral durante os xoves 14 e 21 de febreiro, en horario de 16.15 a 18.00 horas, co obxecto de ampliar máis alá da propia comunidade educativa a difusión da mesma.

Pode descargar o Tríptico da Exposición [pdf.gif, 0 kB 229 kb]

A exposición na prensa.

Semana Branca Andorra 2008

Do 12 ao 19 de Xaneiro de 2008 nas estacións de esquí de Pal Arinsal e Ordino Arcalis. Un total de 37 alumnos: os máis de 1º de Bacharelato e 4º da ESO e, con menor presenza de 3º e 2º ESO, desenvolveron a actividade de esquí e snow.

Máis información...

Visita Sogama

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou, o pasado 18 de xaneiro, unha visista dirixida aos alumnos de 4º de E.S.O. e 2º de Bachsrelato (da opción de ciencias) ao complexo medioambiental de Sogama.

Máis información...

Charla do Equipo de Mediación na universidade da Coruña o 16 de xaneiro de 2.008

Integrantes do grupo de mediación, os alumnos: Alberto Gómez, Jessica Vilariño, Jennifer Alvarez, Iris Pena e Alexandra Balbás e os profesores Fernando Vidal e Warinca Arce do noso Instituto contaron a súa experiencia a futuros educadores sociais. Foi na facultade de Ciencias da Educación na clase da materia "modelos de educación para a paz e o desenvolvemento"

Máis información...

Visita escolar á Coruña

O xoves 10 de xaneiro de 2008, o alumnado de 3º ESO realizou unha visita a Facenda, INM e Museo de Belas Artes

Máis información...