Ética e cidadanía, os comezos da filosofía

Entrevista ó profesor de filosofía, Fernándo Vidal Meijón

Entrevista feita por Antía López Mosteiro e Sara Sequeiros Fernández [4ºA ESO]



O profesor Fernando Vidal Meijón

¿En que consiste a educación á cidadanía?

A educación para a cidadanía e unha materia nova que se introduciu no sistema educativo despois da ultima lei do PSOE, e supostamente pretende cubrir a eses niveis de primeiro ou segundo ciclo de secundaria -xa que hai algunhas comunidades autónomas en España nas que esta materia se imparte en terceiro da ESO- unha serie de contidos que non estaban cubertos, contidos como que son os dereitos humanos, a constitución española, a democracia, cales son os recursos que nos da a democracia para poder exercer como cidadáns, etc.

¿E, dende o seu punto de vista, é bo estudala?

Non é nin bo nin malo, estaría mellor se iso se exercese. Se nos Institutos se aplicase máis.

¿Para que serve?

Serve para coñecer mellor as cousas, como cando mercas un aparello electrónico e lees as instrucións dun aparello que acabas de mercar. É unha maneira de coñecer eses recursos que a sociedade che ofrece para poder ser cidadán libre e poder facer o que queres facer.

¿Que é a ética?

A ética é unha reflexión racional sobre a conduta, coa idea de intentar pensar a mellor maneira de ser felices, si é que se pode pensar iso e si é que hai algún recurso racional que nos permita tomar decisión nunha dirección ou noutra.

¿Para que serve a educación ética-cívica?

A verdade é que é pouco tempo ó que se lle adica porque é unha hora semanal, pero debería de servir para facer un exercicio practico de manexo de criterios racionais para reflexionar sobre o que facemos. Cuestionarnos o que facemos, fago isto, por que?

O profesor Vidal con Sara e Antía

Antes relacionábase a ética coa relixión, ¿Hoxe en día, que relación teñen?

A ética e a relixión van collidas da man. Porque a relixión tamén pretende establecer criterios para vivir. A diferenza é que a ética pretende que ti reflexiones como ser feliz e como vivir sen deus.

¿Qué se estuda na ética?

Estúdase elementos necesarios para poder construír elementos racionais sobre a conduta, diferentes elementos que constitúen a moralidade humana (responsabilidade, liberdade...) algún tipo de propostas para ser feliz que fixeron filósofos ao longo da historia. Reflexións sobre os dereitos humanos, feminismo, pacifismo, ecoloxismos...

O obxectivo é poder reflexionar sobre o que fas dende as claves dos distintos puntos de vista.

¿Esta materia esta encamiñada cara a filosofía?

Si, porque de algunha maneira si es quen de establecer un discurso racional sobre o que fas, estarás preparado para discutir sobre outros temas máis abstractos como que é a verdade e qué é a mentira e moitos outros temas...

Moitas gracias