Noticias do curso 2010-2011

O IES Xosé Neira Vilas, centro plurilingüe

No curso académico 2010-11, o IES Xosé Neira Vilas foi seleccionado como centro plurilingüe segundo a convocatoria efectuada pola Xunta de Galicia con data 30 de xuño de 2010. Concretamente, no nivel de 1º ESO, as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Proxecto Interdisciplinar, serán impartidas en francés nos grupos de referencia, de acordo co proxecto presentado diante da inspección educativa.

Nun centro con vocación polo impulso do plurilingüismo, esta experiencia engade un novo acontecemento a esta promoción da multiculturalidade.

Novo sistema de xestión académica

No impulso continuo das tecnoloxías da información e comunicación (TIC's) que se promove desde o IES Xosé Neira Vilas, o centro implanta sistema de xestión académica que permitirá a comunicación de incidencias e cualificacións do alumnado vía e-mail coas diferentes familias. Trátase de SIXA.

O centro educativo seguirá, un ano máis, a promover a utilización e fomento das aulas virtuais e ensino complementario axudándose das novas tecnoloxías.

Graduación 2011

O venres 27 de maio tivo lugar no centro educativo o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2010-11, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como a concelleira de Cultura do concello de Oleiros. A xornada -presidida polo director José López Couce- desenvolveuse nun ambiente festivo, cos discursos por parte do alumnado (Elba Tenreiro), das nais e pais (Consuelo Rama) e do profesorado (Nacho Taibo), o habitual plantamento da árbore conmemorativa (neste caso un acivro) -acompañado da interpretación do "Gaudeamus Igitur" ao saxofón polo alumno Adrián Freire, de 1º Bacharelato-, a entrega da orla -realizada pola benquerida ex-profesora do centro educativo Isabel Aller- e un pequeno refrixerio preparado polos responsables da cafetería do centro educativo-. A xeira concluíu cunha cea de confraternización entre profesorado e alumnado no Hotel Hesperia de A Coruña.

Velaquí un vídeo conmemorativo.

Orla 2010-2011

Viaxe a Bruxelas

Do 13 de maio ao 17 de maio, 30 alumnos da Sección Plurilingüe e das Seccións Bilingües de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato acompañados dos 3 profesores que imparten nas diferentes seccións e o director, viaxaron a Bruxelas.

Viaxe a Bruselas

Pódese ver un vídeo e o correlato da viaxe no blog do profesor Xosé Antón. Tamén pode descargar o programa da viaxe. [pdf.gif, 0 kB 167 KB]

Maxia? ... Non, Química

O Departamento de Física e Química como contribución ao Ano Internacional da Química que se está a celebrar neste ano 2011 organizou, dentro da Semana Intercultural 2011, a actividade "Maxia? ... Non, Química". Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado do centro e presentou unha serie de experimentos aparentemente máxicos que sen embargo teñen unha sinxela explicación química.

Máis información...

14 de Abril aniversario da República,conferencia: A educación e España antes durante e despois da República”

A conferencia foi realizada polos alumnos de cuarto curso: Izan Vázquez, Sara Castro e Amy Díaz

Na conferencia tratáronse os temas de: A educación e España a principio de século. Analfabetismo e atraso a importancia da modernización do ensino coa Institución libre de Enseñanza, as novedades políticas, a importancia da educación e a cultura popular durante a Segunda República española; a represión cos maestros no Franquismo co exemplo de Arximiro Rico e Gregorio Sanz. e o retroceso posterior.

Semana Intercultural 2011

Neste Ano Internacional da Química, o mesmo no que se cumpren 80 anos da proclamación da Segunda República española, o IES Xosé Neira Vilas organiza a 3ª edición da Semana Intercultural, coa participación gratificante e desinteresada de convidadas/os excepcionais e de toda a comunidade educativa, na que ten un papel moi relevante o alumnado, cada vez máis protagonista. Será do 8 ao 15 de abril deste ano, coincidindo coa exhibición da exposición "Imaxe gráfica da Segunda República" (patrocinada pola Fundación 10 de Marzo) e a realización do 3º intercambio escolar co collège Notre Dâme de Ménimur de Vannes.

Pode descargar un tríptico informativo [pdf.gif, 0 kB 1,2 MB]

Tríptico da Semana Intercultural 2011

Intercambio escolar

Programa [pdf.gif, 0 kB 55 kB] do III Intercambio Escolar I.E.S. Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes que ten lugar do 6 ao 15 de abril de 2011

Pode descargar un resumo das actividades realizadas. [pdf.gif, 0 kB 204 KB]

Concurso de Microrrelatos Amor, ou non, en 100 palabras

Co 2º trimestre rematado, o Club de Lectura do IES Xosé Neira Vilas quere mostrar unha das actividades celebradas: o Concurso de Microrrelatos Amor, ou non, en 100 palabras, realizada en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Concurso Microrrelatos

Máis información...

Con Víctor Ullate no auditorio de Mera

No auditorio de Mera, o alumnado do IES Neira Vilas encóntrase con Víctor Ullate nunha charla informativa sobre o baile e un espectáculo onde participou alumnado da Escola de Danza de Oleiros.

Máis información...

Teatro clásico

Os grupos de 4º e Bacharelato de Cultura Clásica asisten en Lugo ás obras "Medea" de Eurípides e "Miles Gloriosus" de Plauto dentro do Festival Grecolatino 2011.

Entroido no Instituto

Durante a mañá do día 4 de Marzo o alumnado e profesorado participou nas actividades deportivas: campeonato de fútbol sala; gastronómicas: filloada; musicais: concerto ofrecido polo alumnado de música; lúdicas co desfile de disfraces e deportivas co campeonato de fútbol sala, sen olvidar o maratón de xadrez.

entroido 2011 entroido 2011 entroido 2011 entroido 2011 entroido 2011 entroido 2011

Intercambio escolar

Este ano, de novo, disfrutaremos do intercambio escolar con Francia. Vinte alumnos do noso centro acudirá en Abril a Vannes na Bretaña.

Máis información...

Reportaxe no Instituto para a Televisión galega

Co gallo da celebración dos cincuenta anos da publicación de: “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas, o xoves vintesete de xaneiro un grupo de alumnos participou cunhas entrevistas para a realización do programa Eirado da televisión galega.

EIRADO

O noso centro, que leva con honor o nome de Xosé Neira Vilas participa en tódalas actividades que se celebran na súa honra, neste caso coa participación dunha gravación na biblioteca do centro co periodista Mon Santiso e os alumnos: Germán Vila, Daniel Dopazo, Amanda Yagüe, Gemma Tacón, Andrés Docampo e André Luís Araujo. Na entrevista fíxose un recordo da obra e vida do autor de “Memorias dun neno labrego”

O programa Eirado, dunha hora de duración emitiuse pola TVG2 o sábado cinco de febreiro e estivo adicado ás artes plásticas, novas tecnoloxías, literatura ou arquitectura. Presentouno o xornalista Pemón Bouzas.

Pódese ver o programa no seguinte enlace. As entrevistas van do minuto 11 ó 15.

Entrevista

Emilie Lespade entrevistada por as alumnas Sara Castro e Amy Díaz.

Máis información...

O alumnado de Terceiro curso visita á costa de Dexo

O día 13 de Decembro, o alumnado de 3ºA, B e C pasaron o día visitando a Costa de Dexo para coñecer o medio ambente natural, os restos da cultura castrexa, os bens muebles da zona e os resto históricos. Así como recoñecer o exemplo de cuidado deste entorno.

Máis información...

Recital poético en homenaxe a Miguel Hernández

Con motivo do centenario do nacemento de Miguel Hernández o alumnado do Instituto en colaboración con Departamento de Lingua castelá, celebrou un recital poético onde recitaron pezas de diferentes libros. Foi luns 29 de Novembro

miguel hernández

Máis información...

Sesión de música no teatro Rosalía de Castro

O alumnado de 2º curso da ESO asistiu ó concerto "O tango na música culta" organizado polo Departamento de Música.

Observación de aves na ría do Burgo o venres 26 de Novembro

O venres 26 de Novembro o alumnado de primeiro de Bacharelato pasou un tempo de observación da fauna no contorno do centro educativo na actividade organizada polo Departamento de Bioloxía xunto co CEIDA.

Saída de iniciación ó remo e ó kaiak

Os mércores 13 e 27 de outubro, o alumnado de 3º ESO B-C e A, realizaron na bahía de Santa Cristina unha actividade de remo e kaiac.

Máis información...

Entrevista

Zita Sándor entrevistada por as alumnas Sara Castro e Amy Díaz.

Máis información...