Noticias do curso 2011-2012

Rede Abalar

O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.

Día de libros e de festa en Braga (Portugal)

O pasado 22 de xunio alumnos e alumnas de todos os cursos viaxaron a Braga (Portugal) onde realizaron varias actividades literarias e artísticas e onde pasaron un día de diversión no final do curso 2011 2012 . Foron acompañados polos profesores: Fernando Vidal, Isabel López Mariño, Agustín Lorenzo e Pilar Morandeira.

Fotos da viaxe

Diploma de estudos en lingua francesa

13 alumnos e alumnas do centro de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato presentáronse ao exame do DELF, Diploma de Estudos en Língua Francesa, certificado que expide o Ministerio de Ensino francés. Conseguírono todos eles con moi boas cualificacións. ¡Noraboa!.

Entrevista a Antonella Ermellino

Carmen Villar entrevista a Antonella Ermellino, asesora de linguas durante o curso 2011-12 no noso centro.

Entrevista Antonella Ermellino

Entrevista

III Torneo de Xadrez "O Principiño"

Torneo de xadrez o principiño

O xoves 21 de xuño disputouse no noso centro a Terceira edición do Torneo de xadrez "O Principiño". Está dotado de 6 premios repartidos en dúas categorías, 3 para o alumnado de 1º de ESO e 3 para o alumnado do resto dos cursos. Foi organizado polo profesor Matías Cuba.

O premiados de 1º de ESO foron: Daniel Sánchez Mosquera, Iria Vázquez Pillado e Ángela 3º Pérez Castro.

Os premiados do resto dos cursos forón: Miguel Rodríguez Mahía, Iván Canosa Laprovittola, e Paulo Junio Ferreira Lima.

Fotos do torneo


O ministro de Educación felicita ó Instituto Neira Vilas

As numerosas actividades europeas desenvolvidas polo centro educativo fixeron que o alumnado recibira o día 14 de xunio unha carta do ministro de Educación José Ignacio Wert felicitando "polas actividades tan enriquecedoras e de apertura a Europa"

Tarde no Aquapark

O día 13 de xuño cincuenta alumnos disfrutaron como "patos" no parque acuático de Cerceda, foi toda unha tarde de diversión nos toboganes, nas piscinas e na merenda. Foron acompañados polos profesores: Pilar Vieites, Pilar Morandeira e Juan Santamaría.

Graduación de 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato celebro o pasado 23 de maio a festa de graduación cun acto solemne no centro educativo con palabras do profesorado alumnado e representates dos pais e nais a entrega de diplomas e coa plantación dunha árbore conmemorativa.

A continuación alumnado e profesorado celebraron unha cea seguida de baile.

graduacion 2012

Roma na primavera

Durante os días 17 a 21 de maio, sesenta alumnos e alumnas das seccións plurilingues e bilingües visitarán a cidade italiana acompañados polos profesores: Antonella Ermellino, Xosé Antón García González, Carmen García-Rodeja Arribí, Isabel López Mariño, Juan A. Santamaria González e Carlos Vidal López

Programa da viaxe, a documentación e o video da visita.

En Roma

O IES Neira Vilas recibe ó alumado e profesorado do Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

O martes día 8 de maio 27 alumnas e alumnos franceses chegaron a terras oleirenses na segunda parte do IV Intercambio Escolar do noso centro. Estiveron acompañados de dúas profesoras, unha delas Catherine Le Blay, unha vella coñecida no noso centro, e xunto co profesor Carlos Vidal son os organizadores desta actividade desde hai moitos anos.

Permaneceron durante unha semana acollidos polas familias dos seus alumnos correspondentes. Entre as actividades que realizaron está a asistencia a clase no Instituto e varias viaxes por Galicia entre elas á Coruña, Santiago e ás Rias Baixas

Por outro lado o sábado 12 realizouse a tradicional “Cea de amizade” na Casa do Pobo de Sta Cruz, que nos cedeu amablemente o Concello, e á que asistiu todo o alumnado participante no Intercambio así como as familias e o profesorado.

IVº Intercambio Escolar I.E.S. Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

O pasado 20 de marzo , 27 alumnos de 2º ESO ( Sección Plurilingüe) 3º e 4º de ESO ( Sección Bilingüe) e 1º de Bacharelato acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño e Don J. Carlos Vidal López , realizaron o 4º Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes.

Comenius: Viaxe a Polonia en Abril.

Alumnado e profesorado do centro viaxaron á cidade polaca de Krasnick, entre os días 15 e 21 de abril, para realizar a 2ª movilidade prevista no proxecto “Somos o que comemos” que se fai en colabaración con centros escolares de Francia, Italia e Polonia. Durante a semana de estancia realizaron numerosas actividades: asistencia a conciertos, conferencias na Universidade, degustación de productos típicos, análise de alimentos, realización e comidas e visitas culturales e históricas. Tamén asistiron a actividades musicales de Krasnick. Todas actividades relacionadas co proxecto e preparadas polo centro de acollida.

Programa da visita

máis fotos
krasnik 2012 krasnik 2012 krasnik 2012

Semana Intercultural 2012

Do 26 ao 30 de marzo o IES Xosé Neira Vilas organiza a 4ª edición da Semana Intercultural que ten como tema central o II centenario da Constitución de Cadiz.

Pode descargar un tríptico informativo [../../pdf.gif, 0 kB 0,6 MB]

semana intercultural. triptico

Xornadas de orientación na Fábrica

Dirixidas ó alumado de segundo de bacharelato, o 15 de marzo desde a Fábrica puderon informarse das principais saídas profesionais xa que a Universidade está perto.

Viaxe cultural a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal. [Máis información.]

Visita á Facultade de Filoloxía

O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.

Cinco minutos de silencio

O día 27 de febreiro o alumnado, profesorado e resto de personal concentrouse ás 12 da mañán con cinco minutos de silencio no patio do centro en repulsa polas cargas policiais en Valencia.

concentración no patio concentración no patio

Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro

Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.

Antroido 2012

Celebráronse as actividades de Antroido durante a semana do 13 ó 17 de febreiro con diversas actividades. O luns achégaronse o alumnado e profesorado cun zapato de cada cor, o martes foi o pixama e roupa de durmir os protagonistas do día, o mércores encheuse o centro de velliños e velliñas e o venres foi o protagonista o antifaz.

O venres a elección foi libre e a partir das 12 houbo unha degustación de filloas e máis de crêpes. [Máis fotos]

antroido 2012 antroido 2012 antroido 2012 antroido 2012

Conferencia: "Mi experiencia de vida" a cargo de Emilio Gómez Expósito

O 14 de febreiro, dentro das charlas da clase de Historia, Emilio Gómez Expósito contou a súa experiencia vital como "neno de Moscova". Estuvo dirixido ó alumndo de 1º de Bacharelato e 4º de ESO . [Máis información sobre a actividade]

Lectura dramatizada de "El Quijote"

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo

Obradorio de banda deseñada con Manuel Cráneo na biblioteca Rialeda para 1º da ESO

O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.

A patinar!!!!

O alumnado do IES aistirá o día 31 de xaneiro e o 10 de febreiro ó Coliseum da Coruña a practicar patinaxe no xeo.

Exposición sobre as brañas de Sada

Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.

Alumnado e profesorado nunha viaxe cultural a Lucera (Italia)

Neste curso o alumnado do IES “Neira Vilas”participa nun proxecto Comenius no que vai facer unha intercambio co Instituto “Rosmini“ de Lucera para traballar sobre alimentación nos diferentes paises, as dietas saudables e a cultura gastronómica cun programa de taballo moi interesante. Será do 22 ó 28 de Xaneiro e asistirá un grupo de alumnos que xa son trilingües xunto cos seus profesores. [Programa da viaxe][pdf.gif, 0 kB 154 KB]

Charlas de prevención de accidentes e lesións medulares durante o mes de Decembro

O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primera man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando esto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saude física e síquica.

As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.

A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.

Tese de Doutoramento

O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada "Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional en Nassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico" que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.

¡Noraboa Doutora!

Memorias dun neno labrego

Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.

Exposicións: "Orixes" e "Primeiras civilizacións

Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]