Foron noticia no curso 2012-2013

The Big Challenge

Miguel Rodríguez primer premio no concurso Big Challenge

56 alumnos de ESO do centro participaron no concurso internacional The Big Challenge. Neste concurso os alumnos teñen que respostar non só preguntas sobre o idioma inglés senón tamén sobre a cultura dos paises de fala inglesa.

Os resultados obtidos foron moi bos e 22 alumnos conseguiron premios polos seus resultados.

Entre os premiados hai que destacar a Miguel Rodríguez Mahía de 4º de ESO que obtivo o primeiro premio a nivel provincial e a Carmen Rodríguez Coronado de 2º de ESO que obtivo o segundo premio.

Parabéns a tódolos participantes!!

Máis información e fotos da actividade

De Lorena a Perillo

André Araujo entrevista a Simón Karmann

André Araujo, alumno de 4º B, entrevista a Simón Karmann, lector de francés no noso centro.

¿Qué fue lo que más le llamó la atención del IES Neira Vilas?

En primer lugar me encantó el edificio. Es maravilloso su ubicación y las vista al mar. Los profesores tienen muy buena relación entre ellos.

¿Y el método de trabajo?

Me gusta porque hay mucha comunicación entre padres y profesores. Considero que se trabaja mucho con los alumnos y hay muy buen trato; en Francia hay mucha más distancia y menos comunicación personal.

Ver a entrevista completa.


Mobilidade Comenius Regio

Comenius Regio

Do 31 de maio ao 5 de xuño, tres profesores do IESP Xosé Neira Vilas participaron na 2ª das mobilidades a Vannes (Morbihan-Francia) no marco do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!” no que o noso centro participa en colaboración con a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia-, o IES Monte Neme de Carballo, a Mairie de Vannes (Concello de Vannes), o Collège Notre Dame Le Ménimur (Centro de ensino),e o Comité Bretagne-Galice (Asociación cultural).

Ver máis información da mobilidade.




Viaxe Europea do alumnado das seccións plurilingües e das seccións bilingües. Curso 2013-2014.

Viaxe Lisboa

O día 16 de maio de 2013, 51 alumnos de 1º,2º,4º da ESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesores emprenderon a “VIAXE EUROPEA. Este ano a Lisboa.

Entre outros lugares visitaron o Palácio de São Bento, sede do Parlamento portugués onde tiveron ocasión de coñecer o funcionamento deste órgano soberano do país veciño.

Máis información e fotos da actividade




Oleiros Comedy

O venres 7 de xuño, duas alumnas e seis alumnos do centro participron cos seus monólogos en "Oleiros Comedy" no Auditorio García Marquez (Mera).

Oleiros Comedy

Graduación 2013

O venres 22 de maio tivo lugar no centro educativo o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2012-13, ao que asistiron alumnado, familias e representantes da comunidade educativa, así como a concelleira de Cultura do concello de Oleiros.

Ver fotos e máis información do acto.

Visita a Guimaraes

O pasado 14 e 15 de maio o alumnado da materia "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras" de 3º e 4º e de Xeografía viaxaron a Portugal acompañados polos profesores Isabel López Mariño, Jorge Calle e Carlos Vidal. Visitaron a citania de Briteiros, o mosteiro de Souto e a cidade de Guimarães. Nesta última percorreon o casco antigo e a área rehabilitada de Couros. .

Esta viaxe está realizado en colaboración co Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia.


Máis información da actividade

Visita a Guitiriz

O día 11 de Maio, o alumnado de Relixión do Instituto fixo unha saída a Guitiríz, acompañados polo profesorado: Juán Santamaría e Isabel López Mariño. De camiño observaron igrexas románicas e visitaron o Balneario de Guitiríz para coñecer a procedencia das augas das que logo eles mesmos disfrutaron.



Máis información da actividade



Roteiro Cultural e Literario

roteiro literario e cultural

O alumnado de 1º de Bacherelato participou o día 3 de maio nun roteiro organizado polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros.

Este percorrido por distintos lugares do municipio achegou aos participantes a diferentes mulleres e homes ilustres que viviron no noso municipio. Comezou en Santa Cruz con Syra Alonso e Francisco Miguel, para ir logo ao Pazo de Lóngora con Fanny Garrido e Marcial del Adalid, para pechar en Oleiros onde veraneou Francisca Herrera.

Esta actividade permitiu aos participantes coñocer mellor o contorno no que viven e a importancia que tiveron homes e mulleres que viviron nel.

Máis información da actividade

Actividades da Semana Intercultural

Na sección de Actividades hai información e fotos de varias das actividades desenvolvidas no centro na pasada Semana Intercultural.

Viaxe Europea

50 alumnas e alunmos das Sección Plurilingües e Bilingües realizarán a xa tracidional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñezan cidades e paises da U.E., este curso a Lisboa e estarán acompañados de 4 profesores. En Lisboa contaremos coa colaboración da profesora Doña Elisabete Pires que tamén axudou a facer o programa.

Máis información da actividade

Campaña de colaboración con ONG Ecodesarrollo GAIA

Conferencia de Guillermo Fernández-Obanza

Do 26 de abril ao 3 de maio estamos facendo no instituto unha recollida de alimentos non perecedeiros (arroz, pasta, latas de conserva, etc.) e de roupa (non importa o estado, sempre e cando esté limpa).

Esta campaña ponse en marcha despois da participación de Guillermo Fernández-Obanza, responsables desta ong, na semana intercultural na que nos falou do traballo que desenvolven con emigrantes chegados á nosa terra e dos proxectos de formación que teñen en marcha en Senegal.



Charla de ex-alumnos

Charla ex-alumnos

O pasado día 11 acudiron ó noso centro tres antiguos alumnos: Sabela Paradela de la Morena, médica, Isabel Noya Rey, abogada, e Milo Taboada, actor e empresario teatral, a dar unha charla ó alumnado de 1º de Bacharelato. Dúas horas de conferencia onde manifestaron todo o que recibiran na súa etapa de alumnos do IES “Neira Vilas”. O alumnado asistente quedou cunha extraordinaria impresión e axudoulles a valorar a importancia da formación no Ensino medio, o traballo do profesorado e as oportunidades que non se deben desaproveitar.



Máis fotos da actividade

Wolfgang Trettnak

wolfgang trettnak

O alumnado de 2º de ESO, dentro das actividades da Semana Intercultural, asistiron a unha charla online co artista e científico Wolfgang Trettnak. O tema tratou sobre a contaminación do mar, especialmente a contaminación por plásticos e o seu efecto na vida marina. Precisamente tivemos exposta unha obra cedida polo artista que consiste en un móbil feito con botellas de plástico e que representan distintos peixes. Os alumnos tiveron ocasión de charlar sobre a contaminación, a súa obra, etc.



Máis fotos da actividade

A miña Voda Xitana

A miña voda xitana

Dirixida ao alumnado de 1º de ESO, “A miña voda xitana” foi unha das actividades da Semana Intercultural. Leváronna a cabo Jonatan Montoya e Noemi Iglesias de 1º de ESO e Daniel Montoya, de 2º de ESO. Coordinou a actividade Adela Otero, mestra de pedagoxía terapéutica.



Máis fotos da actividade

Vº Échange Scolaire // Intercambio Escolar alumnado bretón no IESP X. Neira Vilas Benvidos / Bienvenus/ Degemer Mat

25 alumnas e alumnos acompañados de 2 profesoras estarán entre nós desde o día 9 ata o 13 de abril. Trátase da segunda parte do Intercambio Escolar que se ven facendo co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes.

Durante esta semana incorporaranse as actividades do centro e realizaran varios viaxes para a descoberta da nosa Comunidade; teñen previsto a vista a Santiago de Compostela, as Rias Baixas, a cidade da Coruña e por suposto o noso Concello.

Desde a nosa páxina desexámoslles un “un bon sejour chez nous”.

The Big Challenge

Dentro da programación da semana Intercultural, o Departamento de Inglés organizou un torneo para o alumnado de inglés de 1º e 2º de ESO. Esta actividade forma parte da preparación do alumnado que participará en maio no concurso "The Big Challenge" de ámbito estatal supervisado por Cambridge University. Un equipo de tres alumnos representou a cada un dos grupos. Este equipo podía solicitar axuda ao resto do grupo mediante un cordinador. Os gañadores do torneo foron 1º B e 2º

Torneo The Big Challenge Torneo The Big Challenge
Máis fotos e videos da actividade

Semana Intercultural 2013

Cartel Semana Intercultural 2013

Co lema "Mar = Vida" celebraremos este curso a nosa Semana Intercultural do 8 ao 12 de abril. Nela, ao mesmo tempo que intentamos ampliar a nosa sesibilidade sobre o mar como fonte de vida e progreso, avanzaremos tamén noutros temas como a solidariedade, o respecto á diferenza, o afan de superación e o desenvolvemento da nosa capacidade para gozar coas cousas belas. Paralelo a iso, expoñeremos unha mostra de traballos escolares.

Pode descargar a programación.

4ª Mobilidade do programa europeo Comenius "We are what we eat"

Do 7 ao 13 de abril o noso instituto acollerará esta actividade na que participamos xunto cos centros Zespól Szkól nr.1 (Krasnick - Polonia), Liceo ”A. Rosmini” (Lucera - Italia) e Lycée Cordouan (Royan - Francia).

THE SEA, OUR FOOD O MAR, O NOSO ALIMENTO

Visita a Santiago de Compostela

Catro alumnos de Historia da Arte de 2º de Bacharelato acompañados polo seu profesor Jorge Carlos Calle López fixeron unha visita a Santiago de Compostela.

Visita a Santiago de Compostela Visita a Santiago de Compostela Visita a Santiago de Compostela

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Máis fotos da actividade

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Roteiro Dexo Serantes

Dous grupos do alumnado de 2º de ESO realizaron os días 13 e 16 de febreiro este roteiro acompañados de dous educadores medioambientais.

A finalidade da actividade era traballar a observación do medio natural neste espazo singular do noso concello ao tempo que se fomentaba a convivencia e a socialización do grupo.

Iniciouse o roteiro coa visita ao Faro de Mera e a aula do Mar para continuar percorrendo a pé un intinerario por Canabal, Seixo Branco e Dexo no que se podía observar as formacións litorais (cantís e furnas), a flora e fauna da zona maritima e terrestre e as intervencións humanas sobre este territorio: cultivos, construccións, …

Esta actividade foi promovida polo Departamento de Ciencias da Natureza en colaboración co Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Máis fotos da actividade

Vº Intercambio Escolar IESP Xosé Neira Vilas-Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

Intercambio Escolar

Un total de 25 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Isabel López Mariño e José Carlos Vidal López, participaron no Vº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 12 e 23 de marzo.

Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fixo diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur.

O Intercambio rematou coa visita a París e Eurodisney.

Este ano viaxaron con nós 13 alumnos do IES Monte Neme de Carballo, acompañados da súa profesora de francés Sandra Rodríguez Nieto, que tamen fixeron o Intercambio co mesmo centro educativo.

Entrega de premios de microrrelatos de amor

Entrega de premios

O xoves 21 de Febreiro foron entregados os premios do concurso de microrrelatos de amor que tódolos anos organiza a biblioteca do noso centro a. Os premiados foron Elaine Silvestre Macena de 3º de ESO pola obra en galego “Sempre contigo”, Andrea Docampo Sánchez de 4º de ESO pola obra en francés: “L`amour est beau” e a Oriana Morín Ampueda de 3º de ESO por a obra en Español “Somos”. Os premios foron entregados polos profesores encargados da Biblioteca, Fernado Vidal e Isabel López Mariño e polos catedráticos de Galego, Francés e Castelán.


Máis fotos da entrega


Concurso de disfraces: Entroido 2013

Entroido 2013

Como clausura da semana de Entroido, no instituto celebramos, o 8 de febreiro, un concurso de disfraces con dúas modalidade: individual e comparsas.

Na categoria individual resultou gañador Antón Blanco Rey (ESO 4º). O segundo lugar o ocupou Hugo Antón Fernández (ESO 1º). E o terceiro o alcanzou Emilia Oróns Vázquez (ESO 1º).

Na categoría de comparsas a gañadora foi MAFIA ITALIANA (Iria Vázquez, Manuel Rodríguez, Alejandro Martínes, Daniel Sánchez, Carmen Rodríguez e Lucía Sigüeiro, de ESO 2º). Mentras que o segundo lugar foi ocupado por WHATSAPP (Sara Castro, Amy Díaz, Martín Mejuto, Lucía Rodríguez, Camila Bargados, Brais Blanco e María Ramil, de BAC 2º) e o terceiro por LMFAO (Manuel Martín, de BAC 1º, e Pablo Orons, de ESO 3º).

Todos eles levaron premios en vales para gastar na libería Mar de Letras.

Máis fotos do concurso

Mobilidade Comenius Regio

mobilidade febreiro comenius regio

Desde o 8 ao 13 de febreiro unha comitiva de representantes dos socios en Galicia do Proxecto educativo europeo Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!”, entre os que estaban 3 profesores do IESP Xosé Neira Vilas, participaron na primeira das mobilidades para celebrar un encontro cos seus socios en Vannes (Morbihan - Francia). Ademáis do noso centro participa pola parte galega do proxecto a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia- e o IES Monte Neme de Carballo.

Máis información sobre a mobiliade. [Blog do proxecto: www.galiregio.blogspot.com]





Exposición Human Bodies

Exposición Human Bodies

O 31 de xaneiro, os alumnos de 1º de Bacharelato e de 3º de ESO fixeron unha saída ao centro comercial Marineda City donde visitaro a exposición "Human Bodies".

A exposición con 10 corpos completos e máis de 150 órganos fai un interesante percorrido a través do corpo humano.

Máis información sobre a exposición.





Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

Traballo de arqueoloxía

O día 30 de Xaneiro o alumnado de 1º curso realizou un traballo de investigación no Museo arqueolóxico de A Coruña no castelo de San Antón. A actividade consistíu nun taller de identificación e catalogación de pezas prehistóricas guiados pola arqueóloga do museo Ana Martínez e un traballo de estudio dos obxectos do Museo organizado polos monitores do mesmo curso.

Os monitores foron Tiago Galicia, Lara García, Javier García Taibo, Sandra González, Irene Pita, Adrián Cañedo, Lidia Fabián, Carlos Fariña e Laura Fernández que previamente estiveran na preparación da actividade. Nelson Peña e Ezequiel Caballero participaron na comisión de orde e foron acompañados polos profesores Carmen García-Rodeja e Xosé Antón García.

Máis fotos da actividade



Visita de monitores ó museo arqueolóxico

O día 16 de febreiro os monitores de arqueoloxía realizaron a visita ó Museo Arqueolóxico a compañados da súa profesora, Carmen Garcia-Rodeja e prepararon a guía didáctica para os seus alumnos.

Visita museo arqueoloxico

Amor no Instituto

Xa está aberto o plazo para participar no concurso de microrrelatos de amor que celebra o Clube de Lectura todos os anos no mes de febreiro. Poden presentarse todo o alumnado e profesorado do Centro.

Bases do concurso

Semana na Neve en Xaneiro

Esquiar na neve

Un grupo de 17 alumnas e alumnos de 3º da ESO viviron a experiencia de iniciación ao esquí en neve do 13 ao 18 de xaneiro na estación invernal do Val de Astún no concello de Jaca (Huesca).

A estación de Astún conta con 10 remontes para acceder aos 34,5 km esquiables repartidos en 45 pistas. Alí o alumnado participante tivo a posibilidade de disfrutar do "bautismo na neve" e de coñecer moitos lugares da zona.

Fotografías da actividade


Despedida da alumna Claudiane da Silva

Con motivo da partida ó seu país Brasil Claudiane foi homenxeada cunha cea sorpresa á que asistiron profesores e os seus compañeiros de cuarto curso. Despois na clase foille regalada unha camiseta coas fotos dos compañeiros, se lle entregou outra tamén ó seu irmán Kaike, de primeiro curso. Desexámoslles moita sorte no novo centro educativo no seu país.

Visita de Xosé Neira Vilas Visita de Xosé Neira Vilas

Concerto de Nadal

Como clausura do primeiro trimestre do curso, o día 21 de decembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asiste a un concerto do Trío As Lens no Auditorio García Márquez de Mera. O contido do concerto foi a fusión de instrumentos acústicos como o violín, violoncello, piano, percusión e voz coa tecnoloxía tipo smatphone, ipad e pedais de efectos sobre composición que van de Bethoven e Mozart a Colplay, Queen e Police.

Este concerto estivo organizado polo Concello de Oleiros.

Obradoiro e Gravados de Goya

Visita ó Museo de Belas Artes

Dentro da programación de Ciencias Socias, Xeografía e Historia de 4º da ESO, programouse unha visita ao Museo de Belas Artes (A Coruña) para participar nun obradoiro de gravado e contemplar á exposición dos gravados de Goya.

Esta actividade realizouse o 20 de decembro e con ela os participantes poideron coñecer as técnicas do gravado e vivir unha aproximación á figura de Francisco de Goya, un dos xenios da arte universal.

Fotografías da visita


Xubilación dos Profesores Ricardo Puig e Matias Cuba

No pasado mes de novembro produciuse a xubilación de dous profesores do noso instituto, Ricardo Puig de Llano, do departamento de Inglés, e Matías Cuba Orosa, do departamento de lingua castelá.

O persoal docente e non docente así como antigos compañeiros rendironlle unha homenaxe de despedida o 19 de decembro na que se lles fixo entrega de dous gravados en madeira de Luis Seoane como recordo do seu frutífero paso polo noso centro.

Xubilación dos Profesores Ricardo Puig e Matias Cuba Xubilación dos Profesores Ricardo Puig e Matias Cuba

Ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia

Programado polo Departamento de Música, o día 12 de decembro o alumnado de 3º da ESO asiste ao ensaio da OSG para o seu concerto nº 8 da tempada no que se interpreta a Sinfonía nº9 "Incompleta" de Bruckner.

O ensaio estivo dirixido por Víctor Pablo Pérez.

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

Contra a violencia de xénero

A nosa Comunidade Educativa celebrou o 23 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no que se leu un manifesto e se plantóu un pequeno xardín en lembranza das víctimas desta violencia. Esta actividade foi promovida polo Concello de Oleiros e contou cunha intervención musical do grupo de percusión do instituto.

Estiveron presentes os delegados e delegadas do alumnado, o grupo de mediación, catro grupos en representación dos distintos cursos da ESO co seu profesorado, o equipo directivo, a presidenta da ANPA e os concelleiros de educación e servizos sociais.

Máis información e fotos

Visita a Betanzos

O alumnado de Relixión visitou a cidade de Betanzos 22 de Novembro e aproveitouse para coñecer a historia e arte do lugar. Foron visitados a igrexa de Santiago, a de san Francisco a de Santa María de Azogue, a arte medieval e os principais eixos da arquitectura do lugar. Tamén foi visto o xardín do Pasatempo e a influencia da arquitectura do século XX.

Máis fotos da visita

Neira Vilas visita o seu instituto

Visita de Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas, o gran escritor galego e persoa que da a seu nome ao noso instituto, visitounos o día 31 de outubro acompañado de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Angel García Seoane, Alcalde de Oleiros.

Á chegada ao centro, foi recibido por Agustín Fernández, Director do Instituto, e unha representación dos delegados do alumnado que lle deu a benvida e lle entregou un ramo de flores. A continuación Neira Vilas mostroulle ao Director Xeral o fondo editorial que se leva xuntado no Instituto, con practicamente todas as edicións dos seus libros, así como os paneis que recollen unha breve reseña da súa biografía.

Seguidamente asinou dedicatorios para os diversos grupos de alumnos que llo pediron e compartiu uns minutos co profesorado e persoal non docente.

Como remate da mañá, Neira Vilas trasladouse ao Centro Cultural A Fábrica onde mantivo un encontro co alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para lles presentar a exposición "Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego", organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística e o Concello de Oleiros.

Visita de Xosé Neira Vilas Visita de Xosé Neira Vilas Visita de Xosé Neira Vilas

Arranca o programa de actividades promovido pola nosa ANPA

Poñense en marcha as seguintes actividades extraescolares:

Actividade de Xadrez

Iniciación ao remo

Os días 19 e 23 de outubro o alumnado de 3º de ESO realiza unha práctica de remo e piragüismo con kaiak de mar para coñecer os conceptos básicos, as normas de seguridade e a técnica básica. O primeiro día o ocupan os grupos A e C mentras que a segunda data foi para o grupo B.

Esta actividade realizase coa colaboración do Servizo Municpal de Deportes de Oleiros.

Visita a Begano

Os alumnos de obradoiro de iniciativas emprendedoras de 3º e 4º de ESO e os de economía de 1º e 2º de Bacharelato visitaron o día 23 de outubro a factoría de Begano (Palavea - A Coruña) co fin de coñecer o traballo da fábrica coas liñas de produción dos diversos productos Coca-Cola e envasado dos mesmos.

O grupo estivo acompañado por Begoña López, profesora responsable de ambas marterias, e Jorge C. Calle, do departamento de xeografía e historia.

Visita a Begano

Proxecto Comenius Regio

Alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) e do IES Monte Neme (Carballo, A Coruña) participarán nun intercambio de estudos co Collège Notre Dame Le Ménimur (Vannes, Francia) dentro do Proxecto Comenius Regio. Partindo da iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia participan tamén no proxecto a APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia), a Mairie de Vannes (Concello de Vannes)e o Comité Bretagne Galice.

Reunión no IES Neira Vilas

Pode encontrar máis información no blog www.galiregio.blogspot.com e no seguinte documento: Presentación Comenius Regio.

O Curso 2011-2012 no arquivo

Xa pode consultarse no arquivo toda a información de noticias, actividades, etc., refente ao pasado curso academico.

Terceira mobilidade do Proxecto Comenius en Royan (Francia)durante o mes de Octubre

O alumnado de terceiro da ESO do IESP "Neira Vilas" xunto con seus profesores asistirán á terceira mobilidade do proxecto Comenius "We are what we eat" a celebrar en Royan (Francia) xunto co grupo de Krasnick (Polonia) e o grupo de alumnos de Lucera (Italia) onde desenvolverán as actividades de traballo conxunto que levan realizando ó longo deste dous cursos académicos.

Ver a noticia na prensa.

Ler máis