Condicións de uso da web do IES Xosé Neira Vilas


Contido


Exención de responsabilidade

O contido desta web facilítase simplemente con efectos informativos e non substitúe a comunicación oficial dos mesmos no taboleiro de anuncios do instituto, no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o IES Xosé Neira Vilas non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

O IES Xosé Neira Vilas non se fai responsable dos danos e perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

O IES Xosé Neira Vilas non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.

O IES Xosé Neira Vilas reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Voltar

Reproducción

A reprodución dos contidos desta web non está autorizada.

Voltar

Comunicación por correo electrónico

O IES Xosé Neira Vilas non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida dos enderezos de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Voltar

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Voltar

Uso do correo

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web. Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Voltar

Privacidade

A política de privacidade do IES Xosé Neira Vilas baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

Voltar

Protección de Datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do usuario, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

Voltar