Selectividade
O equipo directivo e o claustro de profesores felicita ao alumnado de 2º Bacharelato do curso académico 2007-08 que acudía ás PAAU convocadas no mes de xuño e acadou un 100% de aprobados.
Visita a Sotavento
Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o 20 de xuño, derradeiro día escolar deste curso.
Torneo Intercentros
O 19 de xuño celebrouse a final do torneo deportivo intercentros entre o IES Miraflores e o noso centro.
Proxecto Oleiros solidario
Alumnos do Instituto reciben o premio pola curtametraxe feita para o concurso de guións do proxecto "Oleiros Solidario" que por cuarto ano organiza a concellaría de Bienestar Social do concello de Oleiros.
Un dia disfrutando coa auga
O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.
Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.
Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.
Viaxe Cultural a Roma
Os alumnos de 4º de ESO realizan unha viaxe cultural a Roma do 18 ao 23 de xuño.
Entrega de premios de Escola Guapa e debut do coro de profesores
O día 17 de xunio no noso centro educativo entregáronse os premios de Escola Guapa ás aulas máis limpas. O acto tivo como remate a primeira actuación do coro de profesores.
Graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato
O 23 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato.
Clasificación da I Olimpíadada do Saber
O 30 de maio tivo lugar no salón de actos a entrega de premios da Olimpíada do saber.
Concurso "Día das Letras Galegas 2008"
Coincidindo coa data das Letras Galegas, o seminario de Lingua Galega e Literatura, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Biblioteca do IES Xosé Neira Vilas, convocou un concurso de redacción (en prosa e en verso).
Fallo do Xurado: Traballos Premiados [
, 173 kB].
IV Semana da Ciencia do IES Neira Vilas
Do 14 ao 18 de abril de 2008 leváronse a cabo no noso centro as actividades correspondentes a IV Semana da Ciencia.
Pode consultar as normas, prazos e impresos para a matrícula no bacharelato
Publicouse o calendario coas actividades do mes de setembro
Pode consultar ocalendario [
, 266 kB].
Xa pode consultar na secretaría a información sobre reserva de praza para bacharelato e matrícula para ESO e bacharelato.
Pode consultar a lista de libros para o próximo curso
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.800 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008. Todo o alumnado do instituto poderá solicitar estas axudas.
O prazo de presentación das solicitudes comeza o venres 18 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 18 de febreiro,
Pode descargar a Orde da convocatoria [
182 kb]