Matrícula para os alumnos de ESO e Bacharelato
Curso 2009-2010
O prazo de matrícula para os alumnos do ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
¿Quén se pode matricular neste prazo?
- Tódolos alumnos novos que foron admitidos e non teñen que asistir a convocatoria do mes de setembro.
- Tódolos alumnos do centro que fixeron a reserva e promocionan ao curso seguinte.
- Transcorridos estes prazos entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza.
¿Cando e donde se fai a matrícula?
O prazo de matrícula para ESO e Bacharelato comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo.
Para matricularse os alumnos terán que entregar na Secretaría do centro a documentación que se di nos seguintes apartado. Pode facerse a matrícula de Luns a Venres de 10,00 horas a 13,00 horas.
¿Que documentación teñen que aportar os novos alumnos xunto coa matrícula?
- O sobre de matrícula cuberto. O sobre retirarase na secretaría do centro.
- 2 fotografías de tamaño carné.
- Fotocopia do DNI (Lémbrase que o DNI é obrigatorio para os alumnos que teñan cumpridos os 14 anos de idade segundo o R.D. 196/1976 de 5 de febreiro)
- Os alumnos dos cursos 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato terán que pagar o Seguro Escolar. O ingreso, de 1,12 €, terán que facelo na conta 2091-0053-38-3040013608 de Caixa Galicia e presentarán un xustificante do mesmo coa matrícula.
- Copia do boletín de cualificacións do mes de xuño.
- Os alumnos que teñan dereito o uso do transporte escolar, e queran facer uso do mesmo, cubrirán a solicitude, que vai no sobre de matrícula, e acompañarán unha fotografía para o carné que estenderá a empresa que fará o servizo.
- Os alumnos de 1º e 2º da ESO engadirán á matricula unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
¿Que pasa cos alumnos que non aprobaron na convocatoria de xuño?
Terán que agardar a convocatoria de setembro e formalizar a matrícula tan pronto teñan no seu poder o boletín de cualificacións. O prazo de matrícula vai do 1 ao 10 de setembro.
¿Qué teñen que facer os alumnos do centro para
matricularse?
- Entregar o sobre de matrícula cuberto que recibiron xunto co boletín de cualificacións.
- 4 fotografías de tamaño carnet.
- Fotocopia do DNI (Lémbrase que o DNI é obrigatorio para os alumnos que teñan cumpridos os 14 anos de idade segundo o R.D. 196/1976 de 5 de febreiro)
- Os alumnos dos cursos 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato terán que pagar o Seguro Escolar. O ingreso, de 1,12 €, terán que facelo na conta 2091-0053-38-3040013608 de Caixa Galicia e presentarán un xustificante do mesmo coa matrícula.
- Os alumnos que teñan dereito o uso do transporte escolar, e queran facer uso do mesmo, cubrirán a solicitude, que vai no sobre de matrícula, e acompañarán unha fotografía para o carné que estenderá a empresa que fará o servizo.
i>
- Os alumnos de 1º e 2º da ESO engadirán á matricula unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
¿Que pasa cos alumnos que rematado o prazo de matrícula non o fixeron?
Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta perderán o dereito a praza obtida.
Recomendacións:
- Os impresos estarán cubertos en todos os seus apartados e asinados.
- As fotocopias que se entreguen deberán de estar en papel A4 e non recortadas.
- O Libro de Familia Numerosa terá que estar actualizado. As fotografías serán recentes pois deben reflectir a imaxe do alumno no momento actual.
- O sobre só se recollerá se contén toda a documentación
Pode descargar un documento de axuda. [
41 kb]
Lexislación
- Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Arquivo [
70 kb]
- Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con
fondos públicos. Publicado no DOG do Luns, 19 de marzo de 2007. Arquivo 1 [
208 kb] Arquivo 2 [
318 kb]
Impresos
ESO
Bacharelato