As palabras técnicas de uso común na área de tecnoloxía.

Presentación:

Realizamos este traballo, coa intención de achegarnos a esas palabras técnicas que atopamos na nosa lingua e non sabemos de onde proceden ou nos soan diferentes e estrañas. A miúdo as palabras que aparecen nos nosos libros de texto de 1º ciclo non son escoitadas ou lidas máis que cando acudimos ás clases de Tecnoloxía. Nin sequera llas oímos aos nosos avós, e menos aos nosos pais e nais. A pesar de que os nosos profesores e profesoras de Tecnoloxía do instituto imparten as clases en galego, teñen dificultades ás veces para empregar determinados termos. Supoñemos que iso é debido a que non os escoitaron e usaron habitualmente cando aprenderon o galego na súa nenez.

Facendo o traballo descubrimos cousas moi curiosas e interesantes sobre estes vocábulos que mesmo sorprenderon o propio profesorado. Aparte de que ao realizarmos este labor se perde esa idea(transmitida acotío na nosa casa) de que as voces do galego son “inventos de catro profesores que non saben que argallar...”.

Velaquí este glosario tecnolóxico dalgunhas palabras técnicas que escoitamos en clase de Tecnoloxía e tamén lemos nos libros de texto. Esperamos que ao saber máis cousas destes termos nos resulten máis familiares.

Alumnas : 2º ESO

Profesores/as colaboradores:

Pódese descargas o glosario en formato pdf [pdf.gif, 1717 kB]

Imaxe do Glosario