Campañas de animación á lectura
O Noso
- Distribuímos periodicamente materiais-recordo da biblioteca: pegatinas, pósters, tarxetas lectoras e outros materiais que acompañaron as actividades organizadas desde a biblioteca.
- Colaboramos na publicación da revista Noso.
- Realizamos visitas guiadas para presentar as diferentes seccións da biblioteca, os contidos de cada unha, a disposición dos fondos, as posibilidades que alberga, etc.
- Ofrecemos aos alumnos e alumnas de cursos superiores a posibilidade de exercer de bibliotecariaos /-as para ordenar os fondos, formalizar préstamos e devolucións, orientar os pequenos, colaborar con algunhas actividades.
- Elaboramos carteis de animación á lectura.
Carteis empregados en diversas campañas da biblioteca