Información e Normas


Contido


A modo de introdución

A páxina que ides consultar en relación coa nosa biblioteca é un cantar incondicional aos libros e á lectura, á súa eficacia civilizadora. Crear inquietude pola lectura é un proceso complexo de educación da sensibilidade e do gusto pola palabra. Promover apetencias culturais que a fagan desexable, interesar e implicar o alumnado, establecer mecanismos e espazos de iniciación, orientala, cultivala, integrala nun ámbito de liberdade, asignarlle un lugar e unhas condicións na programación da biblioteca, son tarefas que recomendamos co empeño de quen se sente comprometido na contenda contra a pantasma dunha sociedade allea á palabra.

No noso parecer, resulta imprescindible unha actividade educativa que tenda a crear o hábito da lectura, a convertelo nun pracer que se prolongue ao longo de toda a vida, como unha forma de crecer, de volvérmonos integramente humanos, sabios, de gozar coas satisfaccións que o coñecemento e a intelixencia reservan a quen os cultivan. A formación de lectores e de lectoras vén sendo unha das intervencións educativas máis decisivas de todas aquelas que acometemos, quizais só comparable coa tarefa de inculcar o respecto polos persoas, máis alá de toda procedencia e das súas circunstancias.

Consideramos, pois, primordial proporcionarlle ao alumnado razóns e exemplos que avalen a súa arela de ler. Porén, é preciso determinarmos por que desexamos que haxa lectores e lectoras, que clase de compromiso coa vida lles imos infundir. O prioritario é, na nosa opinión, promovermos a curiosidade intelectual, o entusiasmo, a razón e a ansia da verdade. A lectura pode ser, así mesmo, unha forma de esconxurar a ignorancia, unha axuda para moderar a tendencia á incultura e para impedir os impulsos máis destrutores do ser humano.

Algúns integrantes da comisión da biblioteca

Algúns integrantes da comisión da biblioteca

Equipo de profesores e profesoras

Responsables da biblioteca:

Profesorado de apoio:

Alumnos e alumnas:

Traballando

Preparando unha exposición

Usuarios e servizos da biblioteca

  1. O acceso ás dependencias da biblioteca é libre e non require acreditación de identidade para o persoal do centro, excepto no servizo de préstamo a domicilio.
  2. Permítese a entrada con materiais informativos ou de escritura propios, tales como ordenadores portátiles, pero non se autorizan as cámaras fotográficas, os escáneres e outros utensilios de reprodución. Os teléfonos móbiles deben ficar desconectados.
  3. A biblioteca presta os seguintes servizos:
A nosa biblioteca

A nosa biblioteca

Normas de uso e funcionamento

  1. Os/as usuarios/as teñen acceso gratuito ás dependencias da biblioteca, así como á información sobre os servizos da mesma e respecto da forma de utilizala.
  2. Os fondos da biblioteca non son de libre acceso, polo tanto, os usuarios e as usuarias teñen que dirixirse ao persoal encargado para retiralos dos andeis correspondentes.
  3. Non se permite introducir comida, bebida, tabaco ou similares nin permanecer nas salas cunha finalidade diferente á fixada para cada espazo; tampouco se autoriza alterar a orde ou o silencio, marcar ou danar bens mobles ou inmobles.
  4. Non se consente subliñar, escribir, dobrar, raspar ou mutilar os documentos, o material bibliográfico, audiovisual, informático, sonoro ou calquera tipo de fondos que se achen na biblioteca.
  5. Os lectores ou lectoras poden propoñer a adquisición de libros ou de calquera outro material que consideren necesario. Estes materiais serán considerados en base á súa calidade, vixencia, necesidades ou ao orzamento.

Fondos documentais

Consultar

Servizo de préstamo

  1. Son obxecto de préstamo todos os materiais existentes na biblioteca, de carácter xeral, agás os que se enumeran a continuación:
Interior

Interior da Biblioteca

Servizo de reserva

Establécese este servizo, en virtude de que cando un/unha lector/a solicite a reserva dun libro para a súa lectura ou para a súa consulta en sala, e este/s se precisen para actividades culturais ou de animación á lectura, non poderá/n ser obxecto de préstamo durante ese período concreto.

Servizo de información bibliográfica

  1. O persoal da biblioteca está a disposición dos/as usuarios/as para informalos/as e para facilitarlles o uso dos seus fondos.
  2. Os/as usuarios/as poden acudir en calquera momento ao persoal responsable para solicitar axuda na procura de información bibliográfica, de calquera libro ou ben doutro tipo de fondo.

Hemeroteca

  1. Na hemeroteca ou sección de publicacións periódicas, as revistas e xornais teñen un acceso libre se pertencen ao ano escolar 2005-2006. As de anos anteriores arquivaranse. Pero, por razóns de espazo, soamente se gardarán aquelas publicacións que o persoal da biblioteca considere de interese.

Servizo de materiais audiovisuais e sonoros

  1. Todos os fondos (cd, dvd, vídeo, casete) poden ser consultados na biblioteca ou solicitárense en préstamo.
  2. O número de materiais audiovisuais e sonoros que poden obterse en préstamo é de 2, por un período dunha semana, prorrogable dúas veces, sempre que o material non estea en lista de espera. En total son 21 días naturais.
  3. O/a usuario/a deberá comunicar ao persoal responsable calquera anomalía ou deficiencia que poida existir nos libros ou nos materiais audiovisuais e sonoros. Para mellor conservación, as cintas de vídeo e casetes deberán devolverse sempre rebobinadas.
Unha exposición

Unha exposición

Actividades culturais, de animación e fomento da lectura

  1. Periodicamente e ao longo do ano escolar, organizaranse actividades culturais, de animación, fomento da lectura e uso da biblioteca:

Infraccións e sancións

  1. O retraso na devolución de calquera dos fondos poderase sancionar coa exclusión do/a lector/a da utilización do servizo de préstamo.
  2. Transcorridos dous meses, un/unha usuario/a que teña algún fondo sen renovar nin devolver, non poderá solicitar outro fondo en préstamo ata que devolva aquel ou doe un igual.
  3. O usuario/a será responsable do libro, ou de calquera tipo de fondo tomado en préstamo, estando obrigado a repoñelo se fose perdido, mutilado ou deteriorado por un igual ou similar (das mesmas características, tema ou materia, idéntica calidade, prezo, etc.)
  4. O usuario/a que non observe as condicións debidas de comportamento, que realice un uso indebido dos servizos da biblioteca ou que incumpra as normas recollidas neste Regulamento poderá ser expulsado polo tempo que decida o persoal, segundo a gravidade da infracción cometida.
  5. Se se sorprende a algunha persoa intentando extraer da biblioteca calquera tipo de fondo, sen pasar polo servizo de préstamo ou sen o coñecemento e a autorización do persoal da mesma, a esta persoa impediráselle frecuentar as instalacións bibliotecarias, e este feito porase en coñecemento da dirección do centro.