O alumnado de 2º e 3º curso asiste este venres 27 de Xaneiro durante a mañán ó concerto didáctico baseado en "La Cenerentola" de Rossini, interpretado pola Orquesta Sinfónica de Galicia.
27 alumnos de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º Bacharelato participarán neste intercambio, que terá lugar do 21 ao 30 de marzo. A finalidade do intercambio e poñer en práctica os coñecementos de Lingua Francesa e coñecer a rexión de Bretaña e a cidade de Paris.
Do 17 ao 21 de maio, alumnos do centro viaxarán para coñecer a capital de Italia. A actividade estará coordinada por unha profesora Axudante Comenius que durante este curso exerce como profesora lectora.
Alumnos e profesores do centro viaxaran á cidade polaca de Krasnick, entre os días 15 e 21 de abril, para realizar a 2ª movilidade prevista no proxecto “Somos o que comemos” que se fai en colabaración con centros escolares de Francia, Italia e Polonia. Durante a semana de estancia realizarán diversas actividades, relacionadas co proxecto e preparadas polo centro de acollida.
Aproximadamente a final de curso, alumnado de ESO que o desexe. 1 día. Lugar a definir.
Alumnos de bacharelato e 4º de ESO presentaronse ás probas de nivel de competencia en Francés na Alianza Francesa de Santiago de Compostela. Felicitamos aos 17 alumnos e un profesor polo éxito acadado, 100 % de aprobados, nos diferentes niveis do MCER (Marco Común Europeo de Referencia).