O Magosto

Organización:

magosto

(1)

Colaboran Ademais:

Como actuamos:

magosto

(2)

O xoves, día 18 de novembro todo o alumnado participante, dedicouse a facer cucuruchos para recolle-las castañas asadas.

Ás 12:10 horas do venres 19 de novembro (cun tempo lixeiramente desagradabel), soou o timbre como anuncio de que se comezaba co festexo, o alumnado saiu das aulas cara ao patio, onde estaban os asadores e asadoras (profesorado e alumnado de bacharelato) e fomos meténdonos no ambiente... Tamén houbo música elixida polo propio alumnado, había que divertirse.

Tiñamos uns postos para a recollida de cucuruchos, vasos e castañas xa asadas; a xente distribuíse por grupos onde máis lle apeteceu, sempre segundo as normas establecidas pola dirección do I.E.S.

Tamén estaban previstos unha serie de xogos populares, coordinados polo profesorado de Educación Física (carreiras de sacos, xogo da ra, o tiro de corda, loitas na ponte, diábolo, a buxaina, petanca, ...), mais por mor do tempo,chuviscaba, e estaba a pista mollada, non se puideron realizar.

E ademais de come-las castañas, propuxéronse actividades relacionadas para que o alumnado poidera festexa-lo Magosto do xeito máis tradicional, se así o quixera. No primeiro ciclo da E.S.O., traballáronse unidades didácticas, ademais hai bibliografía, e hoxe ¿quen non ten acceso a Internet?

Profesorado participante no evento, ademais do xa mencionados:

magosto

(3)

Aniana Díaz Gómez, Begoña Lourido Romero, Dorinda Rivera Pedredo, Ignacio González Zas, Rosa Mª Aixa, Mabel Veiguela Reigosa, Marián Montes Fernández, Matías Cuba Orosa, Pepa Suances peña, Xoán Ignacio Taibo Arias, Xoán Manuel Neira Fernández.

Ademais de todos/as aqueles/as que non figuran na relación, pero que se sumaron ao acto e colaboran para chegar ao remate do mesmo con éxito nesta primeira experiencia no I.E.S. Xosé Neira Vilas. Tamén ao alumnado colaborador na limpeza e disciplina durante o acto, a saber: Alejandro de Santiago Baña, Alejandro Fiúza, Alejandro Reboredo, Andrés Castro, Ángel Rúa, Antonio Rodríguez, Carlos Míguez, Cristian Pineda, David Fiúza, David Valiño, David Varela, Diego Rodríguez, Gabriel Pol, Iago Varela, Juan Hermo, Manuel Pereiro, Óscar Vázquez e Rodrigo Sánchez.

O NOSO AGRADECEMENTO A TODO O PERSOAL DO IES (alumnado, persoal non docente, ANPA e profesorado), ÁS EMPRESAS: HALEY, BEGANO (Coca-Cola).

O Equipo de Normalización Lingüística.

magosto

(4)

magosto

(5)

magosto

(6)

magosto

(7)

magosto

(8)

magosto

(9)

magosto

(7)