Coñecer mellor a ría do Burgo para coidala e poñela en valor

aves da ria do burgo

Membros do Roots and Shoots!

“AS AVES DA RÍA DO BURGO” é o título do informe final, recollido como exposición e presentación audiovisual, dun traballo académico que durou todo o curso. Os responsables do mesmo son as profesoras de bioloxía e xeoloxía e o alumnado de ciencias para o mundo contemporáneo de 1º de bacharelato. Sendo obxecto de investigación e tratamento curricular por parte do departamento citado nos últimos anos. A súa biodiversidade e o tremendo problema da contaminación existente son asuntos recorrentes no traballo de aula para profesoras e alumnos. Este curso retomouse e continuouse implicando materias e alumnado de 2º e 3º de ESO e aos de 1º de bacharelato.

Fixéronse varias saídas á ría para observar e recoller información.

Participouse no encontro do Proxecto Europeo Grundtvig.

Solicitaron datos sobre as actuacións das distintas administracións (Concello de Oleiros, Concello de Culleredo, Concello de Cambre, Xunta de Galicia e Demarcación de Costas) con resultados desiguais nas súas respostas. A colaboración mais valiosa para o grupo veu da Confradía de Pescadores da Coruña e do naturalista experto en aves Antonio Sandoval.

Analizáronse mostras de auga procedente da ría nos laboratorios do centro, estudaron a maneira de identificar especies de aves invernantes na ría - fixéronse fotos e cadernos de campo para recoñecelas -, pasouse unha enquisa co obxecto de detectar o coñecemento das familias e veciños respecto do estado actual da ría e dos seus poboadores... E, como acción transformadora recolléronse mais de 1000 sinaturas entre os membros da comunidade escolar, do entorno e ate onde se chegou, para demandar un maior recoñecemento do valor da nosa ría, así como as conseguintes medidas de protección.

Con estes haberes na carteira profesoras e alumnado acudiron a dous foros nos que facer públicas as súas achegas: o 20 de maio en Pontevedra no marco da A21EG encontro “o alumnado é o protagonista” , o 27 de maio no castelo de Sta. Cruz o IV Congreso Escolar de educación ambiental organizado polo CEIDA.

En Pontevedra reuniuse alumnado e profesorado de 22 centros de ensino de toda Galicia. A viaxe xa foi unha testemuña de aposta pola sustentabilidade: compartiuse o mesmo autobús con compañeiros e compañeiras do IES Fraga do Eume. Foi unha xornada calorosa e frutífera: a estrea da exposición sobre as aves da ría do Burgo ! (14 carteis en lona coas correspondentes especies significativas do humidal, retratadas con calidade, e identificando os seus sinais de identidade). A propia Consellería de Medio Ambiente colgou a exposición nas súas instalacións nas xornadas do profesorado da A21EG e agardamos que o curso vindeiro sexa vista en moitos centros de ensino de Galicia.

Foron os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato quen dinamizaron un seminario matinal amosando unha síntese breve das conclusións de parte do traballo - presentación audiovisual centrada nas aves e a súa caracterización - e logo unha actividade, ben divertida - caderno de campo en man... -, de identificación e debuxo das especies recollidas nos carteis coas fotos dos habitantes da nosa ría. Tamén percorreron os seminarios do resto dos centros sobre sostibilidade e medio ambiente. Case todos os participantes do encontro asinaron a favor dun maior coidado da ría do Burgo. Un momento significativo da xornada foi a visita á exposición en compañía do Director Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe D. Manuel Borobio Sanchiz.

O Director xeral convidou ao “equipo de investigadores” do centro a que fagan as súas alegacións ao Plan do Litoral respecto da ría do Burgo para que sexan consideradas cara o futuro. Asumiremos o compromiso. Abonda con mirar e ver para recoñecer un humidal e as especies que dependen da súa conservación para seguir existindo.

No Castelo de Sta. Cruz o encontro tiña como lema “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural”. Acudiron cinco centros da comarca da Coruña presentando cada un a súa causa para defender. O nivel científico e de interese foi maior neste foro que no de Pontevedra. Aquí levouse a comunicación do traballo feito en toda a súa extensión. Non so centrado na caracterización das aves. Ao participar no congreso o equipo de investigación pasa a formar parte da rede de centros Jane Goodall.

Somos protagonistas do seu programa educativo Roots and Shoots. Rematou a xornada cun roteiro polo Monumento Natural da Costa de Dexo.

aves da ria do burgo

Montando a exposición en Pontevedra

aves da ria do burgo

Caderno de campo en man debuxando as aves

aves da ria do burgo

Buscando parellas da mesma ave a través dos debuxos

aves da ria do burgo

Presentación no Congreso do Ceida

aves da ria do burgo

Presentación no Congreso do Ceida

aves da ria do burgo

Disfrutando de Dexo

aves da ria do burgo

Inauguración do Encontro de Pontevedra

aves da ria do burgo

Presentando o traballo no encontro “o alumnado é protagonista”

aves da ria do burgo

Cada quen coas súas experiencias.

aves da ria do burgo

Recollendo sinaturas a prol do coidado da ría