Noticias do curso 2009-2010


O noso alumno Mateo Goday Etxebarria entre os mellores estudantes galegos

Na Facultade de Medicina nun acto presidido polo reitor da USC, Senén Barro, a USC homenaxeou aos estudantes de centros de ensino medio de Galicia que obtiveron as mellores cualificacións nas probas de selectividade deste ano. En nome de Mateo recolleu o diploma o Director do centro.

semana intercultural 2010

Festa de fin de curso en Santa Cruz.

O alumnado de ESO participará na festa no parque das Torres de Santa Cruz en colaboración co concello o día 22 de Xunio

Todo o alumnado de ESO poderá participar e disfrutar dunha mañán lúdica xunto con outros alumnos e alumnas do Concello. As actividades seran desde as dez da mañán e disfrutaremos de: obradorios de xogos malabares, obradoiro de henna, un lugar onde aprender a facer grafffite. Tamén haberá varios concertos, unha obra de teatro e un curioso "espectáculo aéreo". Durante este tempo estarán expostos varios stands informativos e un bar-cafetería.

Mediadoras do Neira Vilas imparten un curso a compañeiros de Guitiriz

“O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA NO CENTRO ESCOLAR” foi o tema central da experiencia de intercambio e formación entre iguais entre o I.E.S. X. Neira Vilas e o I.E.S. Poeta Díaz Castro.

Máis información...

Acto de graduación

O venres 21 de maio, no Salón de Actos do IES Neira Vilas, tivo lugar a graduación do alumnado de 2º Bacharelato, co seguinte programa:

graduacion1 graduacion2
promoción  2009/2010

Entrevistas

Crónica bretona 2010

Narrar un intercambio desde a distancia permite só describir pequenas sensacións, porque as grandes sensacións están reservadas para os protagonistas, 26 alumnas e alumnos que -en compañía doutros 31 do IES Puga Ramón, Isabel, Carolina, Paz e monsieur Vidal- experimentan 24 horas sobre 24 a estadía en Vannes, nas casas dos seus "correspondants", no collège, na praza,...[seguir lendo]

Semana Intercultural 2010

Do 22 ao 26 de marzo de 2010 terá lugar a celebración da II Semana Intercultural do IES Neira Vilas, con variadas e interdisciplinares actividades nas que participan alumnado, profesorado e invitados varios, promovendo a aprendizaxe dun xeito lúdico e entretido. De antemán adiantamos o agradecemento a todas/os pola súa desinteresada participación. Tríptico informativo. [pdf.gif, 0 kB, 768 kB]

semana intercultural 2010 semana intercultural 2010

Intercambio Escolar

O próximo día 14 de marzo un grupo de alumnos e alumnas do noso centro acompañados pola profesora Isabel López Mariño e o profesor Carlos Vidal comezaran o II Intercambio Escolar IES Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes. Programa [pdf.gif, 0 kB, 62 kB].

Grande participación no entroido 2010

Disfraces

O equipo directivo quere agradecer a participación de profesorado e alumnado nos actos celebrados durante o venres 12 de febreiro, previos ao entroido. Grazas polas lambetadas, grazas polas poesías recitadas, grazas polos disfraces, grazas pola música, grazas polo teatro, GRAZAS. Unha participación tan ampla, cun espírito multicultural tan vibrante, no que cada quen tivo tempo para expresarse e reivindicarse, é un preludio excelente para a II Semana Intercultural que xa está en cernes.

Feliz entroido a todas e todos. O luns 22 de febreiro retornamos con máis ensinos e praceres.

Conferencia e saída á ría do Burgo o 5 de febreiro

O alumndo de cuarto curso e Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre a ría do Burgo e despois haberá unha saida para coñecer "in situ" a situación do humedal. A saida asistirá o alumnado de bacherato.

Esta actividade está organizado polo CEIDA Centro (Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e as profesoras Carmen Porta e Patricia M. Leyenda.

O alumnado de 4º curso visitan á Galicia dos ano trinta

O día 29 de Xaneiro púdose coñecer a ravés da exposición de Mathilda Anderson na fundación Caixa Galicia, cómo era a situación de Galicia nos anos trinta. O alumndo foi acompañado polos profesores Eduardo Álvarez e Ricardo Puig

exposición

Entre os años vinte e trinta do pasado século Mathilda Anderson percorre Galicia retratando con detalle todo aquelo que lle impresiona, tanto nas cidades como no mundo rural. Sorprende o afecto co que trata ás súas personaxes salientando a dignidade humana nas fotografías da súa estadía en Galicia. Inicialmente representa edificios e despois son as persoas as retratadas, representando esta exposición un gran estudio de tipos humanos e costumes deses anos en Galicia.

Axuda económica para Haiti no noso Centro educativo

Por iniciativa de 2º curso de ESO estase a recoller axuda económica en todo o noso centro educativo para os damnificados de Haití.

As alumnas Irea Hernández e Lidia Sotorríos son as encargadas de recoller todo tipo de axudas.

Moitas gracias a todos pola colaboración.

Exposición: Áreas mariñas protexidas

exposición

De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición "Áreas mariñas protexidas", un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.

areas_marinas_protexidas areas_marinas_protexidas

Risas no Instituto con Cándido Pazó

O pasado día 21 de Decembro o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha mañá moi divertida escoitando as historias do famoso actor Cándido Pazó.

cándido pázo cándido pázo
Máis información...

Reflexións de actualidade

Alumnado de 3º e 4º de ESO fai reflexións sobre noticias de actualidade

Máis información...

Alumnos de 4º de ESO no Palacio da Opera

O día doce de Decembro os alumnos de 4º ESO acudiron ó ensaio xeral da Orquesta sinfónica de Galicia para asistir á representación "A noite dos Maias" de Silvestre Revueltas

A saida foi organizada polo departamento de Música e os alumnos estiveron acompañados polo profesor Jesús Fernandez Llaneza. A obra durou 35 minutos e foi moi amena xa que a música daba saltos de ritmo e dese modo podíase seguir a obra con facilidade e resultou moi entretido.

Teatro para o alumnado de Bacharelato: “A caverna de Platón“

O alumnado Bacharelato tivo ocasión de asistir a unha performance realizada polo grupo teatro Oteatrodoresoante, actividade organizada polo Departamento de Filosofía do noso centro en colaboración co concello de Oleiros.

O día vintecatro de Novembro e acompañados polo profesores de Filosofía: José López Couce e Fernando Vidal Meijón, puído o alumnado introducirse no mito da Caverna de Platón a través dunha montaxe que pretende trasladar o mito clásico á actualidade relacionando os homes de hoxendía cos medio de comunicación así como os prisioneiros da cova en relación coas sombras.

Tamén houbo unha interacción entres os actores e o público separando o escenario do patio de butacas e incorporando os espectadores na obra á maneira do teatro de participación.

Observación de aves na Ría do Burgo

O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.

Máis información...

Visita ao planetario e a casa das ciencias

O día once de novembro os alumnos de primeiro de E.S.O e primeiro de Bacharelato realizaron unha visita á casa das ciencias e asistiron a unha sesión no Planetario nunha excursion organizada polos departamentos de Historia e Ciencias Naturais.

Acompañaron ós alumnos os profesores Carmen Porta, Milagros Rey e Antón García. Na Casa das Ciencias foron observando as exposicións que ali se atopan. Tamén puideron ver unha pelicula no planetario que -segundo comentan os alumnos- lles resultou moi interesante polo tema e polas dimensións da pantalla.

Celebración do Samagostiño 2009

O luns 10 de novembro celebramos o Samagostiño 2009 [MAGOSTO + SAMAÍN] no noso centro educativo. Xúntase o cartel [pdf.gif, 0 kB, 204 KB] deste evento.

preparación repartindo

Teatro

O 22 de outubro de 2009, na Fabrica de Perillo, o alumnado de bacharelato e parte do alumnado de ESO asistiu á representación de Cachai.

cachai

Máis información...

2º Intercambio Escolar I.E.S. Xosé Neira Vilas de Oleiros-Collège Notre Dame Le Menimur- de Vannes

O pasado 19 de outubro de 2009 tivo lugar no salón de actos do noso Instituto a primeira reunión coas familias do alumnado deste centro co obxecto de informarse do IIº Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes ( no Departamento do Morbihan na Bretaña francesa); á reunión asistiron moitas persoas interesadas en que as súas fillas e os seus fillos participen nesta actividade que organiza o Departamento de Francés; alí explicóuselles en que consistía un Intercambio, as actividades que se ían realizar, as viaxes que se farían, etc..., e resolveronse as dúbidas que había ao respecto.

intercambio

Máis información...

Relación de tódalas actividades feitas no curso