Intercambio escolar con Francia. Curso 2010-2011

Este ano, de novo, disfrutaremos do intercambio escolar con Francia. Vinte alumnos do noso centro acudirá en Abril a Vannes na Bretaña.

O IES XOSÉ NEIRA VILAS dentro do programa de potenciación de Linguas Estranxeiras e como primeiro Centro Plurilingüe do Concello de Oleiros está a organizar IIIº INTERCAMBIO ESCOLAR ENTRE O IES XOSÉ NEIRA VILAS e o COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR DE VANNES (cidade capital do Departamento do Morbihan, na Bretaña francesa)

Este ano participan 22 alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO e 1º de Bacharelato, o Intercambio terá lugar do 6 ao 16 do mes de abril; estarán acompañados de dous profesores. Neste momento o alumnado do Neira Vilas e o do Collège Le Ménimur xa están comunicándose entre eles a través das redes sociais; un xeito de coñecerse máis e practicar as linguas estranxeiras estudadas. Queremos destacar desde aquí que este ano veñen 26 alumnos franceses e que varias familias do noso centro van acoller de maneira desinteresada a alumnos do centro francés, desde aquí o noso agradecemento.

O programa deste ano ten algunha que outra novidade , visitaremos a Península de Quiberon, iremos a Concarneau para visitar a súa “ville close”, Quimper e tamén a capital da Bretaña, Rennes. No centro teremos tamén actividades como a incorporación ás clases no centro francés, e colaborarán cos profesores de Español; tamén e desde a sala multimedia ao alumnado tentará de cumprimentar o seu “Caderno de viaxe/Carnet de voyage” no que anotarán as súas experiencias con traballos dirixidos por Departamento de Francés e que se completará con moitas fotos para que teñan un recordo deste experiencia.

Visitaremos Paris, con percorrido con guía polos monumentos máis importantes de Paris, o alumnado de 1º de Bacharelato visitará o Museo do Louvre; sen esquecer a tradicional viaxe en “bateau-mouche” polo Sena e a subida a Torre Eiffel.

O intercambio ten tamén o seu lado lúdico , a visita a Eurodisney durante o último día da nosa estadía en Paris.

A continuación facemos algunhas web-suxestións en relación coa actividade. Non deixedes de visitalas:

intercambio