Actividades do curso 2011-2012

Colabora Concello de Oleiros

Relación de actividades feitas no centro durante curso 2011-2012

  1. Actividades do primeiro trimestre.
  2. Actividades do segundo trimestre.
  3. Actividades do terceiro trimestre.

Viaxe a Braga

O pasado 22 de xunio un grupo de alumnas e alumnos do centro xunto cos profesores Fernando Vidal, Isabel López Mariño, Agustín Lorenzo e Pilar Morandeira visitaron os principais monumentos da cidade de Braga. Despois completaron a actividade: “amigo invisible literario”. Tratábase de facer un pequeno agasallo no que se incluía unha cita literaria dun libro que tiveran lido recentemente. Despois acudiron a Diver Lanhoso a disfrutar dunha tarde de xogos: paintball, xogos de pistas, e a busca do tesouro.

III Torneo de Xadrez "O Principiño"

Torneo de xadrez o principiño

O xoves 21 de xuño disputouse no noso centro a Terceira edición do Torneo de xadrez "O Principiño". Está dotado de 6 premios repartidos en dúas categorías, 3 para o alumnado de 1º de ESO e 3 para o alumnado do resto dos cursos. Foi organizado polo profesor Matías Cuba.

O premiados de 1º de ESO foron: Daniel Sánchez Mosquera, Iria Vázquez Pillado e Ángela 3º Pérez Castro.

Os premiados do resto dos cursos forón: Miguel Rodríguez Mahía, Iván Canosa Laprovittola, e Paulo Junio Ferreira Lima.

Tarde no Aquapark

O día 13 de xuño cincuenta alumnos disfrutaron como "patos" no parque acuático de Cerceda, foi toda unha tarde de diversión nos toboganes, nas piscinas e na merenda. Foron acompañados polos profesores: Pilar Vieites, Pilar Morandeira e Juan Santamaría.

Roma na primavera

Durante os días 17 a 21 de maio, sesenta alumnos e alumnas das seccións plurilingues e bilingües visitarán a cidade italiana acompañados polos profesores: Antonella Ermellino, Xosé Antón García González, Carmen García-Rodeja Arribí, Isabel López Mariño, Juan A. Santamaria González e Carlos Vidal López

O IES Neira Vilas recibe ó alumado e profesorado do Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

O martes día 8 de maio 27 alumnas e alumnos franceses chegaron a terras oleirenses na segunda parte do IV Intercambio Escolar do noso centro. Estiveron acompañados de dúas profesoras, unha delas Catherine Le Blay, unha vella coñecida no noso centro, e xunto co profesor Carlos Vidal son os organizadores desta actividade desde hai moitos anos.

Permaneceron durante unha semana acollidos polas familias dos seus alumnos correspondentes. Entre as actividades que realizaron está a asistencia a clase no Instituto e varias viaxes por Galicia entre elas á Coruña, Santiago e ás Rias Baixas

Por outro lado o sábado 12 realizouse a tradicional “Cea de amizade” na Casa do Pobo de Sta Cruz, que nos cedeu amablemente o Concello, e á que asistiu todo o alumnado participante no Intercambio así como as familias e o profesorado.

4º Intercambio Escolar con Vannes (Francia)

O pasado 20 de marzo , 27 alumnos de 2º ESO ( Sección Plurilingüe) 3º e 4º de ESO ( Sección Bilingüe) e 1º de Bacharelato acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño e Don J. Carlos Vidal López , realizaron o 4º Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes.

Viaxe cultural a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal.

Visita á Facultade de Filoloxía

O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.

Comenius: Viaxe a Polonia.

Alumnado e profesorado do centro viaxaron á cidade polaca de Krasnick, entre os días 15 e 21 de abril, para realizar a 2ª movilidade prevista no proxecto “Somos o que comemos” que se fai en colabaración con centros escolares de Francia, Italia e Polonia. Durante a semana de estancia realizaron numerosas actividades: asistencia a conciertos, conferencias na Universidade, degustación de productos típicos, análise de alimentos, realización e comidas e visitas culturales e históricas. Tamén asistiron a actividades musicales de Krasnick. Todas a actividades relacionadas co proxecto e preparadas polo centro de acollida.

Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro

Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.

Antroido 2012

Celebráronse as actividades de Antroido durante a semán do 13 ó 17 de febreiro con diversas actividades. O luns achégaronse o alumnado e profesorado cun zapato de cada cor, o martes foi o pixama e roupa de durmir os protagonistas do día, o mércores encheuse o centro de velliños e velliñas e o venres foi o protagonista o antifaz.

O venres a elección foi libre e a partir das 12 houbo unha degustación de filloas e máis de crêpes

Conferencia: "Mi experiencia de vida" a cargo de Emilio Gómez Expósito

O 14 de febreiro, dentro das charlas da clase de Historia, Emilio Gómez Expósito contou a súa experiencia vital como "neno de Moscova". Estuvo dirixido ó alumndo de 1º de Bacharelato e 4º de ESO .

Xornadas no xeo

O alumnado de primeiro ciclo da ESO e de Bacharelato acudiron á Coliseum da Coruña a patinar os días 2 e 10 de Febreiro acompañados polos profesores María Gómez, Jorge Calle, Pilar Vieites e Agustín Lorenzo. Un bon día de diversión e de deporte!

Viaxe Comenius / Lucera ( Italia)

No marco do Proxecto Comenius Somos o que comemos 7 alumnos de 3º e 4º da ESO acompañados de 3 profesores viaxaron do 22 ao 28 de xaneiro a Lucera, un pobo italiano na rexión da Puglia.

Asistencia á opera de Rossini "La Cenerentola", concierto didáctico organizado pola OSG

O alumnado de 2º e 3º curso asiste este venres 27 de Xaneiro durante a mañán ó concerto didáctico baseado en "La Cenerentola" de Rossini, interpretado pola Orquesta Sinfónica de Galicia.

Viaxe europea a Roma para alumnado das seccións plurilingues e bilingues.

Do 17 ao 21 de maio, alumnos do centro viaxarán para coñecer a capital de Italia. A actividade estará coordinada por unha profesora Axudante Comenius que durante este curso exerce como profesora lectora.

Viaxe a Portugal

Aproximadamente a final de curso, alumnado de ESO que o desexe. 1 día. Lugar a definir.

Probas de nivel na Alianza Francesa

Alumnos de bacharelato e 4º de ESO presentaronse ás probas de nivel de competencia en Francés na Alianza Francesa de Santiago de Compostela. Felicitamos aos 17 alumnos e un profesor polo éxito acadado, 100 % de aprobados, nos diferentes niveis do MCER (Marco Común Europeo de Referencia).