Viaxe formativa ao parque eólico experimental de sotavento

vista xeral

Vista xeral das instalacións de produción de hidróxeno
a partir da auga mediante a rotura da molécula de auga,
usando enerxía sobrante procedente do parque eólico.

Realizouse unha visita ao Parque eólico experimental cos alumnos e alumnas de 3º-ESO o derradeiro día escolar deste curso (20/06/08).

Entre as 9 e 14 horas estivemos nas instalacións de Sotavento na Serra da Loba en Xermade (Lugo). Tivemos sorte xa que a visita coincideu coa inauguración oficial dunha exposición de aparatos de medida antigos e os primeiros xeradores de corrente eléctrica que funcionaron nos ríos galegos (cidade de Pontevedra e mosteiro de Oseira). Acudimos á inauguración como público aplaudindo as intervencións do director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e a xerente do MACUF (museu de arte contemporáneo de Unión Fenosa).

Dividímonos en dous grupos con dous agradables monitores que nos acompañaron e explicaron os aspectos máis importantes do aforro enerxético e as enerxías alternativas.

zona de ensaio

Zona de ensaio técnico de paneis solares fotovoltaícos:
fixos, móbiles en dúas dimensións e outra que se move
en todas direccións seguindo automaticante ao sol.

paneis solares

Paneis solares fotovoltaícos para
produción de electricidade na zona de ensaios.

bombonas de hidróxeno e hidroxenador

En primeiro plano as bombonas de hidróxeno comprimido
e o hidroxenador máis grande de Europa,á dereita.
Este hidróxeno será logo usado para producir corrente
eléctrica nun xerador convencional que queima hidróxeno.

grupo

Grupo de alumnos e profesores visitando as instalacións
de produción de enerxía a partir de hidróxeno.