Charla do Equipo de Mediación na universidade da Coruña o 16 de xaneiro de 2.008


universidade0_p.jpg, 20kB

(1)

Integrantes do grupo de mediación, os alumnos: Alberto Gómez, Jessica Vilariño, Jennifer Alvarez, Iris Pena e Alexandra Balbás e os profesores Fernando Vidal e Warinca Arce do noso Instituto contaron a súa experiencia a futuros educadores sociais. Foi na facultade de Ciencias da Educación na clase da materia “modelos de educación para a paz e o desenvolvemento”

O motivo central da intervención foi a mellora da convivencia no centro e as súas consecuencias positivas para a aprendizaxe.

O Equipo de mediación, que leva catro anos de andaina, mostrou como as causas da violencia, como saída para a solución dos conflictos, van mudando. Foi identificado o “aburrimento vital” como a orixe principal de determinadas condutas violentas entre os adolescentes na nosa sociedade. Esta afirmación foi confirmada polos resultados dunha enquisa realizada no centro educativo no curso pasado.

Diante desa problemática o equipo de mediación está a desenvolver diversas actuacións, e son:

A esta charla asistiron tamén membros do Instituto Manuel Murguía de Arteixo que poñerán en marcha unha experiencia similar.

A profesora, Cathryn Teasley, e o alumnado presente consideraron moi interesante a comunicación da experiencia e subliñar a necesidade de afondar na democratización escolar en tódolos eidos.

universidade1_p.jpg, 17kB

(2)

universidade2_p.jpg, 20kB

(3)

universidade3_p.jpg, 20kB

(4)

universidade4_p.jpg, 18kB

(5)

universidade5_p.jpg, 18kB

(6)

universidade6_p.jpg, 17kB

(7)