Semana Intercultural


Triptico

Tríptico informativo

Era marzo, amencendo abril. Tempo de aprendizaxe e lecer, tempo de recepción e exposición. Mentres unha exposición sobre a muller innovadora na ciencia se exhibía no corredor inferior, mentres alumnado de diversos cursos participaban nun intercambio cun centro bretón, alumnado e profesorado do IES Neira Vilas debullaba e asimilaba os variados coñecementos e visitas que no centro se teceron na Semana Intercultural 2009.

Do 30 de marzo ao 3 de abril tiveron lugar toda unha serie de actividades que integraron letras e ciencias, que nos acompañaron nun paseo pola cultura e o entretenemento. Falouse de trasplantes, da loita da muller polos seus dereitos, de aforro enerxético, de experiencias científicas, da meteoroloxía nas obras de Verne, do surf, do decrecemento, da astronomía, de Darwin... Comemos sopas de diversos lugares do mundo, tan variados como a procedencia do noso alumnado, percorremos boa parte dese mundo na proxección clásica de “A volta ao mundo en oitenta días” (1956), aprendemos da nosa contorna con saídas para concienciarnos sobre a necesidade de reciclar. Todo un rebumbio cultural que non queremos deixar de repetir cada ano.

Por iso ten que quedar na nosa lembranza este momento, porque a colaboración do profesorado foi excepcional, porque a participación do alumnado foi exquisita -e non só do noso, tamén tivemos visita dos nosos veciños de Bastiagueiro, do IES María Casares-, porque a colaboración desinteresada dos diversos poñentes foi un agasallo.

É tempo de agradecer a todo o mundo o seu esforzo, sen esquecerse de ninguén: alumnado, profesorado, concelleira, membros do CEFORE, conserxes, limpadoras. Isto non fixo máis que comezar. O ano vindeiro, MÁIS!!!


actividades tecnoloxía

actividades de tecnoloxía

maxía ? non, ciencia

Maxia? non, Ciencia

conferencia de astronomía

Conferencia de astronomía

Conferencia de Carlos Taibo: "Globalización e Decrecemento"

Metereoloxía nas obras de Jules Verne

Conferencia:"Metereoloxía nas obras de Jules Verne"

Carme Alvariño: Mulleres e Dereitos

Conferencia de Carme Alvariño: "Mulleres e Dereitos"

Sopas sen fronteiras

Sopas sen fronteiras

Conferencia: Surfeando

Conferencia: Surfeando

Exposición Axenda 21

Exposición Axenda 21