Noticias do centro. Curso 2008/2009

Pode descargar a memoria final de actividades do curso.

Graduación de 2º de bacharelato

O 23 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato.

orla

Máis información...

"Volta ao mundo en 80 días"

O sábado 16 de maio, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros), coa colaboración do concello de Oleiros, e coa participación de alumnado e profesorado do IES Neira Vilas, tivo lugar a escenificación do espectáculo literario-musical sobre a novela de Jules Verne.

cartel

Máis información...

O IES Neira Vilas acada o Primeiro Premio

O IES Neira Vilas acadou o primeiro premio na reunión intercentros celebrada no pazo de congresos de Pontevedra o pasado xoves 14 de maio de 2009 co nome "O alumnado é protagonista"

cartel

Máis información...

Intercambio Escolar

"O alumnado do collège Notre Dame le Ménimur participante no I Intercambio Escolar co IES Neira Vilas rende visita ao noso alumnado durante a semana que vai do 26 de abril ao 3 de maio. Ao longo desta semana, ademais de participar na actividade lectiva do centro, o alumnado bretón participará en actividades de coñecemento do contorno (As Mariñas, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela) e nunha cea de confraternización coas familias galegas que terá lugar o día 30 de abril no local cívico de Santa Cruz, grazas á colaboración do concello de Oleiros."

I Escola de Nais e Pais

O xoves 29 de xaneiro deron comezo as actividades da I Escola de Nais e Pais organizadas polo IES Neira Vilas. Na primeira sesión, a orientadora educativa do centro, Carmen Ogando, incidíu en consellos prácticos para mellorar os hábitos de estudo, optimizando espazos e tempos co gallo de obter unha mellora no rendemento académico do noso alumnado.

cartel

Exposición:"Cambio climático"

O 2 de febreiro inaugurouse no IES Neira Vilas a exposición "Cambio climático", en colaboración co CEIDA, para informar e realizar actividades interdisciplinares sobre este problema medioambiental e informarse das solucións e medidas a adoptar ao respecto. A mostra permanecerá no centro educativo ata o 20 de febreiro. Infórmate sobre os contidos da exposición.

Proxecto Comenius

Nesta primeira semana de febreiro realizarase a visita preparatoria a Chieti (Italia) para o establecemento do proyecto Comenius: "Da Tradición ¨Modernidade". Ademais de Italia e España participan Portugal, Bulgaria e Alemania.

O profesor de Francés do noso centro Carlos Vidal realizará a visita previa para o establecemento dos contactos e a realización das actividades. Estas realizaranse nos vindeiros anos polo profesorado e o alumnado dos diferentes Centros europeos para o intercambio de experiencias e a realización dun traballo conxunto, no que se estuden as diferentes manifestación artísticas, culturais, literarias e de costumes ó longo destes últimos anos en Europa. Esta temática será abordadas desde as diferentes materias educativa.

FORUM ORIENTA 2009

Os alumnos/as de 4º da ESO, 1º de BAC e 2º de BAC visitarán o FORUM ORIENTA 2009 o día 13 de febreiro. O obxectivo desta actividade é que o alumnado adquira un maior coñecemento do ensino superior en Galicia. É unha actividade do Departamento de Orientación en colaboración coas Titorías.

Conferencias. "Todos somos emigrantes"

2ª parte: "Xente do mundo en Galicia"

O día 19 de Xaneiro tivemos a oportunidade de escoitar a charla de Dª Flor Hidalgo, nai do alumno de 3º A, Ricardo Aguila Hidalgo que nos contou a súa experiecia da súa vida en España despois de vir da súa Cuba natal.

Tamén veu ó noso centro educativo e para o alumnado de Terceiro curso Dª Andrea Franchino que desde Arxentina contounos o proceso e evolución da súa vida en España. A conferenciante é cuñada da alumna de 3º curso Macarena Farias.

CONFERENCIAS: “TODOS SOMOS EMIGRANTES”

1º Parte: “Galegos no mundo”

No noso centro educativo celebrouse a conferencia de D. José Ben Millán, avó do alumno Mathijs Tarin Ben o día 16 de Decembro para contar a súa experiencia da estadía en Fernando Poo.Ver máis

Tamén acudiu o día 17 de Decembro Dª Olga Paredes Pato, tía de Daniel Vázquez Paredes e contounos a súa experiencia como emigrante en Alemania.Ver máis

DATA: 14-11-2008: VISITA A INDITEX

A visita a Inditex en Arteixo á que asistiron os alumnos de Economía de 1º e 2º de Bacharelato consistíu nun percorrido polos distintos departamentos: Diseño, Tendas piloto, fabricación e distribución…..acompañado das explicacións necesarias por parte de persoal da empresa.

DATA: 7-11-2008: FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA

O día 7 de Novembro os rapaces de 2º da ESO acudiron á biblioteca municipal Rialeda do concello de Oleiros para asistir a un curso de formación de usuarios de Biblioteca.

CAMPAÑA PARA A PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN:

Durante a semana do 3 ao 7 de NOVEMBRO todo o alumnado da ESO recibiu unhas charlas informativas e talleres para tratar a prevención da drogadicción.

Esta actividade foi organizada conxuntamente pola dirección do centro e o concello de Oleiros.

DATA: 5-11-2008: FORMACIóN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA

O pasado día 5 de Novembro os alumnos de 4º da ESO asistiron a unha visita de Formación de usuarios de biblioteca que tivo lugar na biblioteca do parque Europa de A Coruña.

DATA: 28-10-2008. ACTIVIDADE: DESAFÍO PARA NOVOS EMPRENDEDORES.

Un grupo de alumnos de economía de 1º de Bacharelato está a participar nun xogo da Escola de negocios de Caixanova. Para informarlles sobre o xogo e aclarar dúbidas , trasladóuse ao centro un membro do equipo de Play: desafío para novos emprendedores.

Esperamos que a charla fose de gran utilidade e que gañen o xogo

¡ Boa sorte, rapaces!

Viaxe á neve en Febreiro

Máis información... [pdf.gif, 0 kB, 98 kB]

SAMAGOSTÍN

O luns 10 de novembro celebraremos no IES Neira Vilas o "SAMAGOSTÍN": MAGOSTO + SAMAÍN

Excursión 4º ESO

Excursión de fin de curso de 4º da ESO: A reunión coas familias terá lugar o vindeiro luns 27 de Outubro ás 20:00 horas no instituto.

Máis información... [pdf.gif, 0 kB, 83 kB]

Intercambio con Francia

O mércores día 15 de Outubro ás 20:00 horas teremos unha reunión no instituto para tratar do intercambio escolar que se fará no segundo trimestre con un colexio de Vannes

Máis información... [pdf.gif, 0 kB, 309 kB]

Conferencias sobre o noso pasado

Durante o mes de octubro e coa actualidade da exhumación da foxa de Federico García Lorca foron realizadas dúas conferencias no Instituto sobre a Memoria Histórica. A primeira delas foi impartida por D. Serafín Mourelle, vello militante na clandestinidade e a segunda pola profesora do centro Carmen García-Rodeja Arribí membro da ARMH e colaboradora na investigación e exhumación da foxas dos republicanos mortos en Galicia.