Alumnos de física e química de 1º de Bacharelato asistiron o día 22 de maio no Centro Social dos Mallos ao Primeiro Encontro Científico CORUÑACERN. Esta actividade científica organizada polo IES Urbano Lugrís, pretende dar a coñecer o CERN, siglas empregadas para referirse á "Organización Europea para a Investigación Nuclear", e tamén espertar vocacións científicas nos alumnos dos últimos cursos do ensino secundario.
A noticia en "La Voz de Galicia"
Mar Capeans e parte do alumnado asistente. [Foto de La Voz de Galicia] |