Proxecto Comenius

Presentación

O I.E.S.P. Xosé Neira Vilas está a colaborar no Proxecto Educativo Europeo denominado “ Somos o que comemos “ Este Proxecto está incluído no Programa Sócrates - Comenius Acción 1 da Unión Europea

O proxecto está deseñado para levar a cabo durante 2 anos académicos: 2011-12 e 2012-13 , e nel, o centro colabora con outro tres institutos europeos de Francia, Italia, e Polonia

Centros Asociados

Coordinación

En cada un dos centros educativos que participan no Proxecto hai un profesor encargado de coordinar todas as actividades e as relacións cos outros institutos. No I.E.S.P. Xosé Neira Vilas o coordinador é o profesor de Francés Carlos Vidal.

Que é o Proxecto Comenius?

É un proxecto financiado pola Comunidade Europea, situado na Axencia Nacional Sócrates e que procura o desenvolvemento e entendemento entre varias culturas europeas a través do intercambio e cooperación entre escolas de países diferentes.

Traballaremos conxuntamente con outros 3 centros europeos dentro do proxecto común titulado “ Somos o que comemos”. Supón dar unha dimensión europea ao Instituto e abrilo a outros alumn@s, profesor@s e sistemas educativos. Ademais leva aparellada unha subvención económica para o centro, créditos de formación e innovación e unha serie de intercambios entre centros para o profesorado e o alumnadoparticipantes.

Non todo o centro está involucrado e participa, fano só unhas clases determinadas. A participación e implicación, aínda sendo voluntaria, será sempre adaptada ao nivel do alumnado e ten como condición fundamental que estudien polo menos dúas linguas estranxeiras..

Como se desenvolve o proxecto?

A idea fundamental é coñecer os outros centros e países e traballar conxuntamente e integrar estas actividades na nosa programación.