Os alumnos de 4º de ESO viaxan a Roma

Os alumnos de 4º de ESO realizan unha viaxe cultural a Roma. Van coñecer a Cidade Eterna, a urbe da que Stendhal dicía que "é costume inmemorial entre as xentes afectadas emocionarse ao chegar". Por momentos, a visión da cúpula de San Pedro conmovíao tanto que dicía "non hai na terra nada comparable a isto. A alma conmóvese e elévase; unha tranquila felicidade invádea por completo".

O programa, desde o 18 ao 23 de xuño, inclúe:

1º día: visita a Santa Maria Maggiore e San Pietro in Vincoli.

2º día: visita á Roma clásica, incluindo a Praza do Campidoglio, os Museos Capitolinos, os Foros Imperiais. Máis tarde, visita ao Trastevere.

3º día: Visita a San Pedro do Vaticano e Museos Vaticanos.

4º día: Visita á Via Appia Antica e as catacumbas de San Calixto.

5º día: Visita á Galeria Borghese, Fontana di Trevi, Piazza Spagna, Pantheon, Piazza Navona, San Carlo alle Quatro Fontane, Sant'Andrea al Quirinale.

A Roma clásica, a cristiá e a barroca, a Roma nocturna e a do calor de xuño agárdalles para instruirlles.

Pode consultar as Crónicas desde Roma no blog do profesor Xosé Antón.