Actividades do curso 2012-2013

Colabora Concello de Oleiros

The Big Challenge

Miguel Rodríguez primer premio no concurso Big Challenge

56 alumnos de ESO do centro participaron no concurso internacional The Big Challenge. Neste concurso os alumnos teñen que respostar non só preguntas sobre o idioma inglés senón tamén sobre a cultura dos paises de fala inglesa.

Os resultados obtidos foron moi bos e 22 alumnos conseguiron premios polos seus resultados.

Entre os premiados hai que destacar a Miguel Rodríguez Mahía de 4º de ESO que obtivo o primeiro premio a nivel provincial e a Carmen Rodríguez Coronado de 2º de ESO que obtivo o segundo premio.

Parabéns a tódolos participantes!!

Máis información e fotos da actividade

Viaxe Europea do alumnado das seccións plurilingües e das seccións bilingües. Curso 2013-2014.

Viaxe Lisboa

O día 16 de maio de 2013, 51 alumnos de 1º,2º,4º da ESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesores emprenderon a “VIAXE EUROPEA. Este ano a Lisboa.

Entre outros lugares visitaron o Palácio de São Bento, sede do Parlamento portugués onde tiveron ocasión de coñecer o funcionamento deste órgano soberano do país veciño.

Máis información da actividade



Visita a Guimaraes

O pasado 14 e 15 de maio o alumnado da materia "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras" de 3º e 4º e de Xeografía viaxaron a Portugal acompañados polos profesores Isabel López Mariño, Jorge Calle e Carlos Vidal. Visitaron a citania de Briteiros, o mosteiro de Souto e a cidade de Guimarães. Nesta última percorreon o casco antigo e a área rehabilitada de Couros. .

Esta viaxe está realizado en colaboración co Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Máis información da actividade


Visita a Guitiriz

O día 11 de Maio, o alumnado de Relixión do Instituto fixo unha saída a Guitiríz, acompañados polo profesorado: Juán Santamaría e Isabel López Mariño. De camiño observaron igrexas románicas e visitaron o Balneario de Guitiríz para coñecer a procedencia das augas das que logo eles mesmos disfrutaron.



Máis información da actividade



Roteiro Cultural e Literario

roteiro literario e cultural

O alumnado de 1º de Bacherelato participou o día 3 de maio nun roteiro organizado polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros.

Este percorrido por distintos lugares do municipio achegou aos participantes a diferentes mulleres e homes ilustres que viviron no noso municipio. Comezou en Santa Cruz con Syra Alonso e Francisco Miguel, para ir logo ao Pazo de Lóngora con Fanny Garrido e Marcial del Adalid, para pechar en Oleiros onde veraneou Francisca Herrera.

Esta actividade permitiu aos participantes coñocer mellor o contorno no que viven e a importancia que tiveron homes e mulleres que viviron nel.

Máis información da actividade


Maxia? Non, Ciencia

Cartel de Maxia? Non, Ciencia

Como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño do Departamento de Física e Química, dentro da programación da Semana Intercultural, organizaron a actividade “Maxia? Non, Ciencia”.

A actividade estaba dirixida a todo o alumnado do centro, que en 14 sesións repartidas ao longo da semana foi pasando polos laboratorios de física e química.

En cada unha das sesións realizáronse un conxunto de experiencias de física, química e matemática recreativa.



Máis fotos da actividade

Gala da Semana Intercultural

Gala da Semana Intercultural

O intenso programa de actividades desenvolvido neste días tivo un fermoso colofón cunha gala de música, teatro e danza.

No apartado musical os grupos de percusión de ESO 2º, 3º, 4º e BAC 1º, dirixidos por Jesús F. Llaneza, ofreceron un concerto con obras de Keofas, Novaro, Schumann, Suzhki, Thomas, Mozart, Beethoven e Abba xunto con tres cancións populares irlandesas.

A representación escénica correo a cargo da parella artística Carlos Martín e Carmen Cotelo que ofreceron unha escena da obra Anos 70. O vindeiro curso esta parella poñera en marcha un obradoiro teatral como actividade extraescolar.

Rematou a gala coa actuación do obradoiro de danza do Instituto que despertou un gran entusiasmo no público.

Máis fotos da actividade

Simultáneas de Xadrez

Simultáneas de Xadrez

Dentro da programación da Semana Intercular, o 12 de abril Edda Beltrán, responsable da actividade de xadrez, celebrou unhas simultáneas con 13 versados xogadores do noso centro.

Esta actividade despertou un gran interés entre o alumnado polo que se espera un incremento de participantes no obradoiro de xadrez no vindeiro curso.



Máis fotos da actividade

Recreos Musicais

Recreos Musicais

Durante a Semana Intercultural os dous recreos de cada día estiveron amenizados con pequenas actuacións musicais a cargo de Sergio Cabeza (contrabaixo), Cristina Carreira (piano), Carmen Rodríguez (percusión), Lucía Sigüeiro (trompa), Jacobo Juanatey (trompeta) de ESO 2º, Mencía Resch (frauta) de ESO 3º, Ylenia Ambroa (guitarra), Joabiner Mattos (violoncelo) de ESO 4º e Manuel Bode (piano) de BAC 1º.



Máis información da actividade

Teño unha irmá moi especial

Teño unha irmá moi especial

Os irmáns Hugo Antón Fernández e Sabela Fernández , escolarizados en 1º e 2º de ESO respectivamente, presentaron un traballo sobre a Síndrome de Down o pasado 10 de abril, na Semana Intercultural. Trataron de compartir cos compañeiros e compañeiras de 2º de ESO, a súa experiencia en relación a esta discapacidade. Este traballo estaba coordinado pola mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero, que traballou conxuntamente cos dous irmáns.



Máis información da actividade

Rompendo mitos sobre a Síndrome de Down

O pasado 8 de abril deu comezo a Semana Intercultural e o instituto tivo o privilexio de contar coa presenza e participación da Asociación Down Coruña. Alberto e Miriam foron os profesionais que levaron a cabo unha dinámica de sensibilización en relación á Sindrome de Down. Esta actividade estivo coordinada polo departamento de orientación.

Esta actividade constaba dunha sesión e estaba dirixida ao alumando de 1º de ESO, co obxectivo de dar a coñecer o verdadeiro significado da Síndrome de Down. Alberto e Miriam trataban de desfacer mitos relacionados con dita síndrome intentando que que o alumando reflexionase sobre a temática.

Nun dos grupos atopábase Sabela Fernández Martínez, protagonista indiscutible da sesión. Ela participa en diferentes actividades da Asociación Down Coruña, da cal os seus pais son socios fundadores.

Brasil e República Dominicana: outras culturas

Outras Culturas

O venres 12 de abril cinco rapazas axudaban a pechar a Semana Intercultural cun aire renovado e fresco a través dunha actividade que pretendía dar a coñecer dúas culturas latinas: Brasil e República Dominicana.

Nathalia Oliveira, Marleni Martínez, Ellen Mattos, Thaiuane Ramos e Thalita Ramos, prepararon este traballo para os seus compañeiros de 2º de ESO, curso no que se atopan todas escolarizadas. Este traballo fixéronno xunto á coordinadora e mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero.



Máis información da actividade

Charla de ex-alumnos

Charla ex-alumnos

O pasado día 11 acudiron ó noso centro tres antiguos alumnos: Sabela Paradela de la Morena, médica, Isabel Noya Rey, abogada, e Milo Taboada, actor e empresario teatral, a dar unha charla ó alumnado de 1º de Bacharelato. Dúas horas de conferencia onde manifestaron todo o que recibiran na súa etapa de alumnos do IES “Neira Vilas”. O alumnado asistente quedou cunha extraordinaria impresión e axudoulles a valorar a importancia da formación no Ensino medio, o traballo do profesorado e as oportunidades que non se deben desaproveitar.



Máis fotos da actividade

Wolfgang Trettnak

wolfgang trettnak

O alumnado de 2º de ESO, dentro das actividades da Semana Intercultural, asistiron a unha charla online co artista e científico Wolfgang Trettnak. O tema tratou sobre a contaminación do mar, especialmente a contaminación por plásticos e o seu efecto na vida marina. Precisamente tivemos exposta unha obra cedida polo artista que consiste en un móbil feito con botellas de plástico e que representan distintos peixes. Os alumnos tiveron ocasión de charlar sobre a contaminación, a súa obra, etc.



Máis fotos da actividade

A miña Voda Xitana

A miña voda xitana

Dirixida ao alumnado de 1º de ESO, “A miña voda xitana” foi unha das actividades da Semana Intercultural. Leváronna a cabo Jonatan Montoya e Noemi Iglesias de 1º de ESO e Daniel Montoya, de 2º de ESO. Coordinou a actividade Adela Otero, mestra de pedagoxía terapéutica.



Máis fotos da actividade

The Big Challenge

Torneo The Big Challenge

Dentro da programación da semana Intercultural, o Departamento de Inglés organizou un torneo para o alumnado de inglés de 1º e 2º de ESO. Esta actividade forma parte da preparación do alumnado que participará en maio no concurso "The Big Challenge" de ámbito estatal supervisado por Cambridge University. Un equipo de tres alumnos representou a cada un dos grupos. Este equipo podía solicitar axuda ao resto do grupo mediante un cordinador. Os gañadores do torneo foron 1º B e 2º



Máis fotos e videos da actividade

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Máis fotos da actividade

Roteiro Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes

Roteiro Dexo Serantes

Dous grupos do alumnado de 2º de ESO realizaron os días 13 e 16 de febreiro este roteiro acompañados de dous educadores medioambientais.

A finalidade da actividade era traballar a observación do medio natural neste espazo singular do noso concello ao tempo que se fomentaba a convivencia e a socialización do grupo.

Iniciouse o roteiro coa visita ao Faro de Mera e a aula do Mar para continuar percorrendo a pé un intinerario por Canabal, Seixo Branco e Dexo no que se podía observar as formacións litorais (cantís e furnas), a flora e fauna da zona maritima e terrestre e as intervencións humanas sobre este territorio: cultivos, construccións, …

Esta actividade foi promovida polo Departamento de Ciencias da Natureza en colaboración co Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Máis fotos da actividade

Traballo de arqueoloxía do alumnado de primeiro de ESO

Traballo de arqueoloxía

O día 30 de Xaneiro o alumnado de 1º curso realizou un traballo de investigación no Museo arqueolóxico de A Coruña no castelo de San Antón. A actividade consistíu nun taller de identificación e catalogación de pezas prehistóricas guiados pola arqueóloga do museo Ana Martínez e un traballo de estudio dos obxectos do Museo organizado polos monitores do mesmo curso.

Os monitores foron Tiago Galicia, Lara García, Javier García Taibo, Sandra González, Irene Pita, Adrián Cañedo, Lidia Fabián, Carlos Fariña e Laura Fernández que previamente estiveran na preparación da actividade. Nelson Peña e Ezequiel Caballero participaron na comisión de orde e foron acompañados polos profesores Carmen García-Rodeja e Xosé Antón García.

Máis fotos da actividade


Semana da Neve

Esquiar na neve

Un grupo de 17 alumnas e alumnos de 3º da ESO viviron a experiencia de iniciación ao esquí en neve do 13 ao 18 de xaneiro na estación invernal do Val de Astún no concello de Jaca (Huesca).

A estación de Astún conta con 10 remontes para acceder aos 34,5 km esquiables repartidos en 45 pistas. Alí o alumnado participante tivo a posibilidade de disfrutar do "bautismo na neve" e de coñecer moitos lugares da zona.

Máis fotos da actividade

Concerto de Nadal

Como clausura do primeiro trimestre do curso, o día 21 de decembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asiste a un concerto do Trío As Lens no Auditorio García Márquez de Mera. O contido do concerto foi a fusión de instrumentos acústicos como o violín, violoncello, piano, percusión e voz coa tecnoloxía tipo smatphone, ipad e pedais de efectos sobre composición que van de Bethoven e Mozart a Colplay, Queen e Police.

Este concerto estivo organizado polo Concello de Oleiros.

Taller de gravado e visita ó Museo de BBAA do alumnado de 4º curso

Visita ó Museo de Belas Artes

O día 20 de Decembro o alumnado de 4º curso acudíu ó Museo de BBAA acompañados polos seus profesores de Xeografía e Historia para analizar e coñecer os fondos artísticos. Visitouse o Museo especialmente a obra gráfica alí exposta. Tamén se fixo especial fincapé na obra gráfica de Francisco de Goya. Para finalizar a visita realizaron, tanto alumnado como profesorado, diversas gravados para coñecer o método de traballo da obra gráfica e mostar tamén as súas cualidades artísticas.

Máis fotos da actividade




Ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia

Programado polo Departamento de Música, o día 12 de decembro o alumnado de 3º da ESO asiste ao ensaio da OSG para o seu concerto nº 8 da tempada no que se interpreta a Sinfonía nº9 "Incompleta" de Bruckner.

O ensaio estivo dirixido por Víctor Pablo Pérez.

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

Contra a violencia de xénero

A nosa Comunidade Educativa celebrou o 23 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no que se leu un manifesto e se plantóu un pequeno xardín en lembranza das víctimas desta violencia. Esta actividade foi promovida polo Concello de Oleiros e contou cunha intervención musical do grupo de percusión do instituto.

Estiveron presentes os delegados e delegadas do alumnado, o grupo de mediación, catro grupos en representación dos distintos cursos da ESO co seu profesorado, o equipo directivo, a presidenta da ANPA e os concelleiros de educación e servizos sociais.

A encargada de ler o manifesto foi Carlota Caramés, alumna de bacharelato, mentras que os responsables da plantación foron Jonatan Montoya e Claudiane Da Silva, da ESO. A intervención musical correu a cargo de Randy Severino, Tiago Salazar, María Vázquez, Manuel Martí e Manuel Bode, de bacherelato.

Máis fotos do acto

Visita a Betanzos

Visita a Betanzos

O alumnado de Relixíón visitou a cidade de Betanzos 22 de Novembro e aproveitouse para coñecer a historia e arte do lugar. Foron visitados a igrexa de Santiago, a de san Francisco a de Santa María de Azogue, a arte medieval e os principais eixos da arquitectura do lugar. Tamén foi visto o xardín do Pasatempo e ainfluencia da aruitectura do século XX.

Máis fotos da visita

Iniciación ó Remo

Iniciación ó Remo

O pasado mes de outubro os alumnos de 3º da ESO participaron na actividade de Iniciación ó Remo promovida polo concello de Oleiros. Polo alto número de participantes a actividade tivo que ser dividida en dúas xornadas: o venres 23 e o mércores 28.

O escenario foi a praia de Santa Cristina, onde están as instalación do Clube de Ramo de Perillo. Dirixidos por catro profesores do club, o alumando iniciouse na actividade de canoa e despois en kaiak, mostrando boas capacidades para os deportes náuticos, sobre todo a natación, pois a maioría remataron a actividade dentro da auga, e moita valentía, tendo en conta que a temperatura xa non era agradable para o baño.

Destacamos a boa participación do alumnado, a disposición de todos eles e o bo comportamento que tiveron durante toda a xornada e queremos agradecer ós organizadores da actividade e ós profesores do clube, a paciencia e profesionalidade que amosaron con todos nós.

Máis fotos da visita