Colabora Concello de Oleiros

Románico e relax en Guitiriz

foto de grupo

O día 11 de Maio, o alumnado de Relixión do Instituto fixo unha saída a Guitiríz, acompañados polo profesorado: Juán Santamaría e Isabel López Mariño. De camiño observaron igrexas románicas e visitaron o Balneario de Guitiríz para coñecer a procedencia das augas das que logo eles mesmos disfrutaron.

Durante a súa ruta a Guitiríz, fixeron a primeira parada no río Parga onde cruzaron unha ponte romana para chegar á capilla de San Alberte unha edificación medieval moi ben conservada. A seguinte parada foi xa no municipio de Guitiríz para observar unha das espléndidas igrexas de Galicia a de Santa María de Lagostelle.

Chegado xa ao Balneario o alumnado coñecéu a procedencia das augas das instalación co pozo de san Juán, onde as augas sulfurosas causaron gran extrañeza visitantes. O alumnado rematou a súa xornada cunhas horas de relax nos baños públicos.

A saída foi moi productiva polas paradas onde pudemos observar as igrexas románicas tan simples pero importantes de recoñecer. A visita foi de corto tempo e as explicacións do profesorado foron breves e ben entendidas. Xa en Gutiríz paseamos individualmente pola zona,e parecéunos un pobo tranquilo e bonito. No balneario disfrutaron da piscina e das instalacións onde había zonas onde a auga saía a chorros. Sairon todos moi relaxados.