Como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño do Departamento de Física e Química, dentro da programación da Semana Intercultural, organizaron a actividade “Maxia? Non, Ciencia”.
A actividade estaba dirixida a todo o alumnado do centro, que en 14 sesións repartidas ao longo da semana foi pasando polos laboratorios de física e química.
En cada unha das sesións realizáronse un conxunto de experiencias de física, química e matemática recreativa.
As experiencias deste ano foron as seguintes:
Como se pode saber sen rompelo se un ovo con cáscara está cocido ou non?
Facendo uso dun “aceite máxico” frítese un ovo sen quecelo.
Un ovo cocido entra e sae dun recipiente empurrado polo aire que nos rodea.
Facendo o vacío e medindo a presión con materiais sinxelos.
Construindo pilas caseiras con patacas e limóns para logo alimentar con elas calculadoras, cronómetros e leds.
Maxia con naipes e sistema binario de numeración.